SENA50

 

SENA50 - Auditoría enerxética

Curso de especialización
Familia: Enerxía e auga
Sistema educativo: LOE
Grao: superior
Horas: 420
Código: SENA50
Documentación: RD

Que se aprende a facer?
Auditar e asesorar no uso e no consumo de enerxía e o custo asociado en edificios, instalacións ou operacións industriais ou comerciais, e transporte vinculado á actividade ou ao servizo privado ou público, co obxectivo de identificar e informar sobre os fluxos de enerxía e o seu potencial de mellora.

 

En que ámbitos se traballa?
As persoas que obteñan o certificado que acredita a superación deste curso de especialización poderán exercer a súa actividade na área de produción dedicada á auditoría enerxética de edificios, instalacións ou operacións industriais ou comerciais, transporte e servizos.

 

Que ocupacións se desempeñan?
Xestor/a de auditorías enerxéticas; auditor/a enerxéticos/a; técnico/a en auditorías enerxéticas en instalacións mecánicas, de climatización e de calefacción; técnico/a en auditorías enerxéticas en instalacións de electricidade e alumamento; técnico/a en auditorías enerxéticas en edificios; técnico/a en auditorías enerxéticas en instalacións térmicas.

 

Cales son os módulos?

Curso Código Módulo profesional Horas Períodos semanais
MP5107 Análise da situación enerxética de edificios e instalacións 90 6
MP5108 Avaliación da mellora enerxética de edificios e instalacións 120 8
MP5105 Procesos dunha auditoría enerxética 90 6
MP5106 Toma de datos e medicións de consumos enerxéticos 120 8

Réxime ordinario

Oferta educativa de formación profesional inicial en centros sostidos con fondos públicos polo réxime ordinario. Curso 2023-2024.

Pontevedra



Concello Código Centro educativo Teléfono
Vigo 36014568 CIFP Valentín Paz Andrade 886110857




Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).