SEOC03

 

SEOC03 - Organización e control de obras de construción

Familia: Edificación e obra civil
Sistema educativo: LOE
Grao: superior
Horas: 2000
Código: SEOC03
Documentación: RD
DOG
DOC

Que se aprende a facer?
Organizar a pé de obra traballos de execución de edificación e obra civil, xestionando recursos, coordinando faenas e controlando unidades de obra realizadas, consonte as especificacións do proxecto, a planificación da obra, as instrucións recibidas, a normativa aplicable e as condicións establecidas en materia ambiental, de calidade, de seguridade e de saúde laboral.

 

En que ámbitos se traballa?
En pequenas, medianas e grandes empresas construtoras, administracións públicas, estudos de arquitectura e enxeñaría, e consultoras.

 

Que ocupacións se desempeñan?
Encargados/as e xefes/as de equipo en obras estruturais da construción, de obra de edificación en xeral, e de obras de rehabilitación e reforma en edificación; xefe/a de taller e/ou encargado/a de traballadores/as de acabamento de edificios; capataz en construción de edificios; encargado/a de obra civil en xeral, de movemento de terras, de firmes e pavimentos, e de obra civil en conducións e canalizacións; axudante de xefe/a de oficina técnica; axudante de planificador/ora; axudante de técnico/a de control de custos; técnico/a de control documental; especialista en implantacións.

 

Cales son os módulos deste ciclo?

Curso Código Módulo profesional Horas Períodos semanais
MP1290 Control de estruturas de construcción 80 3
MP1287 Documentación de proxectos e obras de construcción 160 6
MP0562 Estruturas de construción 107 4
MP1295 Formación e orientación laboral 107 4
MP0565 Implantacións de construción 133 5
MP1288 Procesos construtivos en edificación 213 8
MP1289 Procesos construtivos en obra civil 160 6
MP1292 Control de execución en obra civil 87 5
MP1291 Control de execución en obras de edificación 123 7
MP1296 Empresa e iniciativa emprendedora 53 3
MP1297 Formación en centros de traballo 384
MP0564 Medicións e valoracións de construción 87 5
MP0566 Planificación de construción 87 5
MP1294 Proxecto de organización e control de obras de construción 26
MP1293 Rehabilitación e conservación de obras de construción 193 11




Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).