SFME02

 

SFME02 - Construcións metálicas

Familia: Fabricación mecánica
Sistema educativo: LOE
Grao: superior
Horas: 2000
Código: SFME02
Documentación: RD
DOG
DOC

Que se aprende a facer?
Deseñar produtos de caldeiraría, estruturas metálicas e instalacións de tubaxe industrial, e planificar, programar e controlar a súa produción, partindo da documentación do proceso e as especificacións dos produtos que se fabriquen, asegurando a calidade da xestión e dos produtos, así como a supervisión dos sistemas de prevención de riscos laborais e protección ambiental.

 

En que ámbitos se traballa?
En industrias dedicadas á fabricación de grandes depósitos, caldeiraría grosa e tubaxe industrial, talleres mecánicos, construción de carrozarías, remolques e caixas abatibles, construción e reparación naval, instalacións petroquímicas, material de transporte, montaxe e reparación de construcións metálicas, no ámbito da produción de construcións metálicas encadradas no sector industrial.

 

Que ocupacións se desempeñan?
Técnico/a en construción mecánica. Encargado/a de fabricación en construcións metálicas. Encargado/a de montadores en construcións metálicas. Delineante proxectista de caldeiraría e estruturas metálicas. Técnico/a en deseño asistido por computador (CAD) de caldeiraría e estruturas metálicas. Deseñador/ora técnico/a de caldeiraría e estruturas. Programador/ora de sistemas automatizados en fabricación mecánica. Programador/ora da produción en fabricación mecánica. Técnico/a en desenvolvemento de tubaxes. Xefe/a de taller en construcións metálicas e montaxe.

 

Cales son os módulos deste ciclo?

Curso Código Módulo profesional Horas Períodos semanais
MP0246 Deseño de construcións metálicas 267 10
MP0251 Formación e orientación laboral 107 4
MP0248 Procesos de mecanizado, corte e conformación en construcións metálicas 213 8
MP0162 Programación de sistemas automáticos de fabricación mecánica 160 6
MP0245 Representación gráfica en fabricación mecánica 213 8
MP0247 Definición de procesos de construcións metálicas 140 8
MP0252 Empresa e iniciativa emprendedora 53 3
MP0253 Formación en centros de traballo 384
MP0249 Procesos de unión e montaxe en construcións metálicas 192 11
MP0163 Programación da produción 140 8
MP0250 Proxecto de construcións metálicas 26
MP0165 Xestión da calidade, prevención de riscos laborais e protección ambiental 105 6

Réxime ordinario

Oferta educativa de formación profesional inicial en centros sostidos con fondos públicos polo réxime ordinario. Curso 2019-2020.

A Coruña



Concello Código Centro educativo Teléfono
A Coruña 15024513 CIFP Someso 881880001
Ferrol 15006754 CIFP Ferrolterra 981333107
Santiago de Compostela 15015767 CIFP Politécnico de Santiago 881867601

Pontevedra



Concello Código Centro educativo Teléfono
Bueu 36019463 IES Johan Carballeira 886159176
Valga 36020362 IES de Valga 886151980
Vigo 36014568 CIFP Valentín Paz Andrade 886110857

Modalidade de formación profesional dual

Oferta educativa de formación profesional inicial en centros sostidos con fondos públicos na modalidade de formación profesional dual. Curso 2019-2020.

A Coruña



Concello Código Centro educativo Teléfono
Santiago de Compostela 15015767 CIFP Politécnico de Santiago 881867601




Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).