SIMP01

 

SIMP01 - Estética integral e benestar

Familia: Imaxe persoal
Sistema educativo: LOE
Grao: superior
Horas: 2000
Código: SIMP01
Documentación: RD
DOG
DOC

Que se aprende a facer?
Dirixir e organizar o desenvolvemento dos servizos estéticos, planificar e realizar tratamentos estéticos relacionados coa imaxe e o benestar, e aplicar técnicas estéticas hidrotermais, depilación e implantación de pigmentos, asegurando a calidade, a prevención de riscos laborais e a xestión ambiental.

 

En que ámbitos se traballa?
No sector de coidados da imaxe persoal, no subsector de coidados estéticos, en pequenas e medianas empresas, maioritariamente privadas, nas áreas de tratamentos estéticos integrais, estética hidrotermal, microimplantación de pigmentos, depilación avanzada,masaxe estética e drenaxe, e asesoramento en tratamentos e produtos cosméticos.Trátase de profesionais por conta propia que traballan xestionando a súa propia empresa ou de profesionais por conta allea, que exercen a súa actividade profesional como empregados ou xefes de área ou departamento.

 

Que ocupacións se desempeñan?
Esteticista, director/ora técnico/a en empresas estéticas e áreas de imaxe persoal, de spa e balnearios, técnico/a en tratamentos estéticos integrais, especialista en técnicas hidroestéticas, técnico/a en micropigmentación, técnico/a en depilación mecánica e avanzada, técnico/a en aparellos de estética, especialista en bronceamento mediante radiación ultravioleta, técnico/a en masaxes estéticas, técnico/a en drenaxe linfática estética, traballador/ora cualificado/a en centros de medicina e cirurxía estética, técnico/acomercial, asesor/ora estético/a e cosmético/a, formador/ora técnico/a en estética.

 

Cales son os módulos deste ciclo?

Curso Código Módulo profesional Horas Períodos semanais
MP0744 Aparellos estéticos 133 5
MP0747 Masaxe estética 240 9
MP0750 Procesos fisiolóxicos e de hixiene en imaxe persoal 133 5
MP0751 Dermoestética 160 6
MP0752 Cosmética aplicada a estética e benestar 187 7
MP0755 Formación e orientación laboral 107 4
MP0745 Estética hidrotermal 123 7
MP0746 Depilación avanzada 123 7
MP0748 Drenaxe estética e técnicas por presión 87 5
MP0749 Micropigmentación 105 6
MP0753 Tratamentos estéticos integrais 139 8
MP0754 Proxecto de estética integral e benestar 26
MP0756 Empresa e iniciativa emprendedora 53 3
MP0757 Formación en centros de traballo 384




Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).