SIMP03

 

SIMP03 - Asesoría de imaxe persoal e corporativa

Familia: Imaxe persoal
Sistema educativo: LOE
Grao: superior
Horas: 2000
Código: SIMP03
Documentación: RD
DOG
DOC

Que se aprende a facer?
Deseñar e organizar proxectos de asesoramento en imaxe persoal, empresarial e institucional, organizar eventos e planificar os procesos de adestramento persoal en habilidades de comunicación, protocolo e usos sociais, respectando criterios de calidade, seguridade, respecto polo ambiente e deseño universal.

 

En que ámbitos se traballa?
En empresas do sector de servizos dedicadas á asesoría de imaxe persoal, corporativa e pública, ou integrarse en equipos multidisciplinares de calquera empresa, en departamentos de comunicación ou márketing. De igual modo, poden exercer a súa actividade en establecementos dedicados á venda de vestiario, complementos e cosméticos, onde desenvolverán tarefas nas áreas funcionais de deseño dunha nova imaxe persoal, pública e corporativa, e na organización e na prestación de servizos. Actúan por conta propia, cun alto grao de autonomía, asumindo labores de xestión e dirección, ou ben por conta allea, integrándose nun equipo de traballo con persoas cun nivel de cualificación igual, inferior ou superior.

 

Que ocupacións se desempeñan?
Director/ora técnico/a e artístico/a en producións audiovisuais, escénicas e de moda; técnico/a de protocolo e cerimonial en institucións públicas e privadas; experto/a en etiqueta e usos sociais; asesor/ora consultor/ora de estilismo no vestir; asesor/ora de estilos e tendencias; asistente técnico/a de imaxe política, cultural e artística; asesor/ora en comercios de vestiario e complementos; asesor/ora de imaxe en medios audiovisuais e de moda; técnico/a comercial; asesor/ora consultor/ora de imaxe corporativa; experto/a en habilidades comunicativas; técnico/a especialista en gabinetes de relacións públicas; técnico/a especialista en imaxe en departamento de márketing; director/ora de gabinete de asesoría de imaxe; consultor/ora asesor/ora de protocolo e organización de actos e eventos; asesor/ora na compra de vestiario, complementos, regalos e cosméticos; asistente persoal no coidado da imaxe; organizador/ora de vodas; asesor/ora de prensa especializada en imaxe persoal.

 

Cales son os módulos deste ciclo?

Curso Código Módulo profesional Horas Períodos semanais
MP1181 Asesoría cosmética 133 5
MP1183 Estilismo en vestiario e complementos 213 8
MP1184 Asesoría de peiteado 187 7
MP1187 Asesoría estética 187 7
MP1188 Habilidades comunicativas 133 5
MP1191 Formación e orientación laboral 107 4
MP1071 Dirección e comercialización 87 5
MP1182 Deseño de imaxe integral 158 9
MP1185 Protocolo e organización de eventos 140 8
MP1186 Usos sociais 87 5
MP1189 Imaxe corporativa 105 6
MP1190 Proxecto de asesoría de imaxe persoal e corporativa 26
MP1192 Empresa e iniciativa emprendedora 53 3
MP1193 Formación en centros de traballo 384




Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).