SIMS02

 

SIMS02 - Realización de proxectos audiovisuais e espectáculos

Familia: Imaxe e son
Sistema educativo: LOE
Grao: superior
Horas: 2000
Código: SIMS02
Documentación: RD
DOG
DOC

Que se aprende a facer?
Organizar e supervisar a preparación, a realización e a montaxe de proxectos audiovisuais filmados, gravados ou en directo, así como rexer os procesos técnicos e artísticos de representacións de espectáculos en vivo e eventos, coordinando os medios técnicos e humanos e controlando o contido, a forma, o proxecto artístico e a calidade establecida.

 

En que ámbitos se traballa?
Sector da produción e realización de calquera tipo de programas audiovisuais (cine, vídeo,multimedia, televisión e novos medios), e no da produción e a realización de espectáculos(artes escénicas, producións musicais e eventos).

 

Que ocupacións se desempeñan?
Axudante de dirección en cine; axudante de realización de vídeo; axudante de realizaciónde televisión; responsable de área de audiovisuais (en empresas alleas á actividade);montador/ora de cine; editor/ora montador/ora de vídeo; xefe/a de rexedoría; rexedor de espectáculos en vivo; rexedor de eventos; rexedor de paredes.

 

Cales son os módulos deste ciclo?

Curso Código Módulo profesional Horas Períodos semanais
MP0912 Formación e orientación laboral 107 4
MP0910 Medios técnicos audiovisuais e escénicos 187 7
MP0906 Planificación da montaxe e a posprodución de audiovisuais 186 7
MP0902 Planificación da realización en cine e vídeo 160 6
MP0904 Planificación da realización en televisión 160 6
MP0908 Planificación da rexedoría de espectáculos e eventos 160 6
MP0913 Empresa e iniciativa emprendedora 53 3
MP0914 Formación en centros de traballo 384
MP0903 Procesos de realización en cine e vídeo 157 9
MP0905 Procesos de realización en televisión 140 8
MP0909 Procesos de rexedoría de espectáculos e eventos 140 8
MP0911 Proxecto de realización de proxectos de audiovisuais e espectáculos 26
MP0907 Realización da montaxe e a posprodución de audiovisuais 140 8

Réxime ordinario

Oferta educativa de formación profesional inicial en centros sostidos con fondos públicos polo réxime ordinario. Curso 2019-2020.

A Coruña



Concello Código Centro educativo Teléfono
Coruña, A 15027800 CIFP Imaxe e Son 981173181

Pontevedra



Concello Código Centro educativo Teléfono
Vigo 36024461 IES Audiovisual de Vigo 886111152




Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).