SIMS03

 

SIMS03 - Animacións 3D, xogos e contornos interactivos

Familia: Imaxe e son
Sistema educativo: LOE
Grao: superior
Horas: 2000
Código: SIMS03
Documentación: RD
DOG
DOC

Que se aprende a facer?
Xerar animacións 2D e 3D para producións audiovisuais e desenvolver produtos audiovisuais multimedia interactivos, integrando os elementos e as fontes que interveñen na súa creación, tendo en conta as súas relacións, as dependencias e os criterios de interactividade, a partir de parámetros previamente definidos.

 

En que ámbitos se traballa?
Sector da produción audiovisual (cine, televisión e vídeo), da animación 2D e 3D, de multimedia interactiva e non interactiva, así como en publicidade e empresas relacionadas con internet e os novos medios.

 

Que ocupacións se desempeñan?
Animador/ora 3D; animador/ora 2D; intercalador/ora; modelador/ora 3D; grafista dixital;xerador/ora de espazos virtuais; técnico/a de efectos especiais 3D; integrador/ora multimedia audiovisual; desenvolvedor/ora de aplicacións e produtos audiovisuais multimedia; editor/ora de contidos audiovisuais multimedia interactivos e non interactivos;técnico/a en sistemas e realización en multimedia.

 

Cales son os módulos deste ciclo?

Curso Código Módulo profesional Horas Períodos semanais
MP1087 Animación de elementos 2D e 3D 292 11
MP1086 Deseño, dibuxo e modelaxe para animación 267 10
MP1094 Formación e orientación laboral 107 4
MP1085 Proxectos de animación audiovisual 2D e 3D 107 4
MP1090 Realización de proxectos multimedia interactivos 187 7
MP1088 Cor, iluminación e acabamentos 2D e 3D 227 13
MP1091 Desenvolvemento de contornos interactivos multidispositivo 123 7
MP1095 Empresa e iniciativa emprendedora 53 3
MP1092 Formación en centros de traballo 384
MP1093 Proxecto de animacións 3D, xogos e contornos interactivos 26
MP1089 Proxectos de xogos e contornos interactivos 87 5
MP0907 Realización da montaxe e a posprodución de audiovisuais 140 8

Réxime ordinario

Oferta educativa de formación profesional inicial en centros sostidos con fondos públicos polo réxime ordinario. Curso 2019-2020.

A Coruña



Concello Código Centro educativo Teléfono
Coruña, A 15027800 CIFP Imaxe e Son 981173181

Réxime de persoas adultas na modalidade presencial

Oferta parcial, por módulos, de ciclos de formación profesional inicial en centros públicos polo réxime de persoas adultas na modalidade presencial. Curso 2019-2020.




Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).