SINA01

 

SINA01 - Vitivinicultura

Familia: Industrias alimentarias
Sistema educativo: LOE
Grao: superior
Horas: 2000
Código: SINA01
Documentación: RD
DOG
DOC

Que se aprende a facer?
Organizar, programar e supervisar a produción na industria vitivinícola controlando a produción vitícola e as operacións de elaboración, estabilización e envasamento de viños e derivados, aplicando os plans de produción, calidade, seguridade alimentaria, prevención de riscos laborais e protección ambiental, consonte a lexislación.

 

En que ámbitos se traballa?
En pequenas, medianas e grandes empresas vitivinícolas dedicadas á produción de uva, á elaboración, á crianza e ao envasamento de viño, así como en pequenas, medianas e grandes industrias de destilados de viño, concentración de mostos, elaboración de vinagres e outros produtos derivados da uva e do viño. Trátase de persoal por conta allea ou propia que exerce a súa actividade en labores de xestión, dirección e supervisión en áreas funcionais de recepción, produción e envasamento.

 

Que ocupacións se desempeñan?
Técnico/a vitivinícola. Encargado/a de proceso de destilación e rectificación. Encargado/a de recepción de mostos frescos e sulfitados. Supervisor/ora de columnas de destilación e concentración. Encargado/a da liña de envasamento de destilados, concentrados e vinagres. Encargado/a de avellentamento e crianza de destilados e vinagres. Técnico/a en análise sensorial.

 

Cales son os módulos deste ciclo?

Curso Código Módulo profesional Horas Períodos semanais
MP0077 Viticultura 160 6
MP0078 Vinificacións 187 7
MP0079 Procesos bioquímicos 213 8
MP0081 Análise enolóxica 213 8
MP0083 Cata e cultura vitivinícola 80 3
MP0088 Formación e orientación laboral 107 4
MP0080 Estabilización, crianza e envasamento 140 8
MP0082 Industrias derivadas 87 5
MP0084 Comercialización e loxística na industria alimentaria 123 7
MP0085 Lexislación vitivinícola e seguridade alimentaria 140 8
MP0086 Xestión de calidade e ambiental na industria alimentaria 87 5
MP0087 Proxecto na industria vitivinícola 26
MP0089 Empresa e iniciativa emprendedora 53 3
MP0090 Formación en centros de traballo 384




Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).