SQUI03

 

SQUI03 - Fabricación de produtos farmacéuticos, biotecnolóxicos e afíns

Familia: Química
Sistema educativo: LOE
Grao: superior
Horas: 2000
Código: SQUI03
Documentación: RD
DOG
DOC

Que se aprende a facer?
Xestionar e participar nas operacións de fabricación, acondicionamento e almacenamento de produtos farmacéuticos, biotecnolóxicos e afíns, organizando o funcionamento, a posta en marcha e a parada das instalacións e dos equipamentos, segundo os procedementos normalizados de traballo e cumprindo as normas de seguridade, de prevención de riscos e de protección ambiental.

 

En que ámbitos se traballa?
En empresas farmacéuticas, biotecnolóxicas e afíns de carácter público o privado, onde desenvolverán o seu labor nas áreas de produción ou acondicionamento de medicamentos e produtos sanitarios, cosméticos e determinados produtos alimentarios, formas farmacéuticas e afíns, tales como cosméticos, perfumes, produtos dietéticos, de herboristaría ou alimentos especiais, e de drogaría. Así mesmo, poden traballar na obtención de produtos biotecnolóxicos, tanto en sectores que teñan como principal actividade a utilización de organismos vivos ou os seus compoñentes, como naqueles que, malia ser a súa actividade principal, poidan innovar con técnicas de produción biotecnolóxicas sobre algúns produtos e procesos.

 

Que ocupacións se desempeñan?
Encargado/a de persoal operador de máquinas para fabricar e acondicionar produtos químicos. Supervisor/or de área de producción. Supervisor/ora de área de acondicionamento. Supervisor/ora de área de planificación. Coordinador/ora de área. Xefe/a de equipo de reactor/biorreactor. Técnico/a de control. Coordinador/ora de almacén. Encargado/a de fabricación. Xefa de equipo de procesos de extracción e purificación de produtos biotecno-lóxicos. Xefa de equipo de sala branca en biotecnología. Supervisor/ora de área de procesos e servizo biotecnolóxico. Supervisor/ora de seguridade en procesos biotecnolóxicos.

 

Cales son os módulos deste ciclo?

Curso Código Módulo profesional Horas Períodos semanais
MP1392 Áreas e servizos auxiliares na industria farmacéutica, biotecnolóxica e afíns 159
MP1398 Formación e orientación laboral 107
MP0191 Mantemento electromecánico en industrias de proceso 133
MP1389 Operacións básicas na industria farmacéutica, biotecnolóxica e afíns 187
MP1387 Organización e xestión da fabricación de produtos farmacéuticos, biotecnolóxicos e afíns 80
MP1390 Principios de biotecnoloxía 187
MP1391 Seguridade na industria farmacéutica, biotecnolóxica e afíns 107
MP1396 Acondicionamento e almacenamento de produtos farmacéuticos, biotecnolóxicos e afíns 70
MP1388 Control de calidade de produtos farmacéuticos, biotecnolóxicos e afíns 140
MP1399 Empresa e iniciativa emprendedora 53
MP1400 Formación en centros de traballo 384
MP1397 Proxecto de fabricación de produtos farmacéuticos, biotecnolóxicos e afíns 26
MP1395 Regulación e control na industria farmacéutica, biotecnolóxica e afíns 105
MP1393 Técnicas de produción biotecnolóxica 122
MP1394 Técnicas de produción farmacéutica e afíns 140




Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).