SSAN02

 

SSAN02 - Próteses dentais

Familia: Sanidade
Sistema educativo: LOE
Grao: superior
Horas: 2000
Código: SSAN02
Documentación: RD
DOG
DOC

Que se aprende a facer?
Deseñar, fabricar e reparar próteses dentofaciais, aparellos de ortodoncia e férulas oclusais segundo prescrición e indicacións facultativas, así como efectuar o reaxuste necesario para o seu acabamento e xestionar un laboratorio de próteses dentais realizando as operacións para a comercialización do produto, e respectando a normativade seguridade e protección ambiental, así como as especificacións de calidade.

 

En que ámbitos se traballa?
No sector sanitario, en empresas privadas ou en institucións asistenciais, como fabricante de produtos sanitarios dentais á medida en laboratorios de prótese dental, como traballador autónomo ou por conta allea, e en empresas da industria dental, como fábricas provedoras de materiais e maquinaria, ou en depósitos dentais, participando nas actividades de formación específicas da empresa. Tamén pode desenvolver a súa actividade no campo da investigación tecnolóxica dentro de empresas do sector dental en a instrución na industria dental impartindo cursos básicos ou avanzados sobre novos materiais e novas técnicas. A súa actividade está sometida a regulación pola Administración sanitaria estatal.

 

Que ocupacións se desempeñan?
Técnico/a superior en próteses dentais, técnico/a especialista en próteses dentais,responsable técnico/a dun laboratorio de prótese dental, comercial na industria dental ou depósitos dentais, responsable técnico/a en departamentos de investigación e desenvolvemento de produtos na industria dental.

 

Cales son os módulos deste ciclo?

Curso Código Módulo profesional Horas Períodos semanais
MP0821 Laboratorio de próteses dentais 80 3
MP0854 Deseño funcional de próteses 133 5
MP0855 Próteses completas 187 7
MP0856 Aparellos de ortodoncia e férulas oclusais 266 10
MP0857 Restauracións e estruturas metálicas en prótese fixa 187 7
MP0862 Formación e orientación laboral 107 4
MP0858 Próteses parciais removibles metálicas, de resina e mixtas 210 12
MP0859 Restauracións e recubrimentos estéticos 210 12
MP0860 Próteses sobre implantes 157 9
MP0861 Proxecto de próteses dentais 26
MP0863 Empresa e iniciativa emprendedora 53 3
MP0864 Formación en centros de traballo 384




Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).