SSAN04

 

SSAN04 - Imaxe para o diagnóstico e medicina nuclear

Familia: Sanidade
Sistema educativo: LOE
Grao: superior
Horas: 2000
Código: SSAN04
Documentación: RD
DOG
DOC

Que se aprende a facer?
Obter rexistros gráficos, morfolóxicos o funcionais do corpo humano, con fins diagnósticos ou terapéuticos, a partir da prescrición facultativa, utilizando equipamentos de diagnóstico por imaxe e de medicina nuclear, e asistindo o/a paciente durante a súa estadía na unidade, aplicando protocolos de radioprotección e de garantía de calidade, así como os establecidos na unidade asistencial.

 

En que ámbitos se traballa?
No sector sanitario público e privado, en unidades de radiodiagnóstico e de medicina nuclear, en centros de investigación e en institutos anatómico-forenses ou de medi-cina legal, así como en centros veterinarios e de experimentación animal, e delegacións comerciais de produtos hospitalarios, farmacéuticos e técnicos de aplicacións en electromedicina. Realiza o seu traballo baixo a supervisión do/da médico/a especialista corres-pondente e o supervisor da instalación, coa correspondente acreditación como operador/ora de instalacións radioactivas outorgado polo Consello de Seguridade Nuclear (CSN).

 

Que ocupacións se desempeñan?
Técnico/a superior en imaxe para o diagnóstico. Técnico/a especialista en radiodiagnóstico. Técnico/a especialista en medicina nuclear. Persoal técnico en equipamentos de radioelectroloxía médica. Persoal técnico en protección radiolóxica. Persoal técnico en radioloxía de investigación e experimentación. Delegado/a comercial de produtos.

 

Cales son os módulos deste ciclo?

Curso Código Módulo profesional Horas Períodos semanais
MP1347 Anatomía pola imaxe 266 10
MP1345 Atención ao/á paciente 160 6
MP1356 Formación e orientación laboral 107 4
MP1346 Fundamentos físicos e equipamentos 267 10
MP1348 Protección radiolóxica 160 6
MP1357 Empresa e iniciativa emprendedora 53 3
MP1358 Formación en centros de traballo 384
MP1355 Proxecto de imaxe para o diagnótico e medicina nuclear 26
MP1353 Técnicas de imaxe en medicina nuclear 105 6
MP1352 Técnicas de imaxe por resonancia magnética 105 6
MP1354 Técnicas de radiofarmacia 70 4
MP1350 Técnicas de radioloxía especial 70 4
MP1349 Técnicas de radioloxía simple 122 7
MP1351 Técnicas de tomografía computadorizada e ecografía 105 6

Réxime ordinario

Oferta educativa de formación profesional inicial en centros sostidos con fondos públicos polo réxime ordinario. Curso 2019-2020.

A Coruña



Concello Código Centro educativo Teléfono
A Coruña 15022607 CIFP Ánxel Casal - Monte Alto 881960122
Coruña, A 15021986 CPR Cruz Roja española 981169163

Pontevedra



Concello Código Centro educativo Teléfono
Vigo 36017430 IES Ricardo Mella 886121001




Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).