SSSC02

 

SSSC02 - Integración social

Familia: Servizos socioculturais e á comunidade
Sistema educativo: LOE
Grao: superior
Horas: 2000
Código: SSSC02
Documentación: RD
DOG
DOC

Que se aprende a facer?
Programar, organizar, pór en práctica e avaliar as intervencións de integración social aplicando estratexias e técnicas específicas, promovendo a igualdade de oportunidades, con actitude de respecto cara ás persoas destinatarias e garantindo a creación de ámbitos seguros, tanto para profesionais como para as persoas des-tinatarias.

 

En que ámbitos se traballa?
No sector dos servizos ás persoas (de tipo asistencial, educativo, de apoio na xestión doméstica e psicosocial) e no de servizos á comunidade (atención psicosocial a colectivos e persoas en desvantaxe social, mediación comunitaria, inserción ocupacional e laboral, promoción de igualdade de oportunidades e defensa dos dereitos das vítimas de violencia de xénero e dos seus fillos e as súas fillas).

 

Que ocupacións se desempeñan?
Técnico/a de programas de prevención e inserción social; educador/ora de equipos residenciais de diverso tipo; educador/ora de persoas con discapacidade; traballador/ora familiar; educador/ora de educación familiar; auxiliar de tutela; monitor/ora de centros abertos; técnico/a de integración social; especialista de apoio educativo; educador/ora de educación especial; técnico/a educador/a;
técnico/a especialista I (de integración social); técnico/a especialista II (educativo); monitor/ora de persoas con discapacidade; técnico/a de mobilidade básica; técnico/a de inserción ocupacional; mediador/ora ocupacional e/ou laboral; dinamizador/ora ocupacional e/ou laboral; educador/ora de base; mediador/ora comunitario/a; mediador/ora intercultural; mediador/ora veciñal e comunitario/a; preparador/ora laboral; técnico/a de emprego con apoio; técnico/a de acompañamento laboral; monitor/ora de rehabilitación psicosocial.

 

Cales son os módulos deste ciclo?

Curso Código Módulo profesional Horas Períodos semanais
MP0337 Contexto da intervención social 133 5
MP0338 Inserción sociolaboral 213 8
MP0339 Atención ás unidades de convivencia 161 6
MP0342 Promoción da autonomía persoal 213 8
MP0344 Metodoloxía da intervención social 133 5
MP0346 Formación e orientación laboral 107 4
MP0017 Habilidades sociais 123 7
MP0020 Primeiros auxilios 53 3
MP0340 Mediación comunitaria 139 8
MP0341 Apoio á intervención educativa 123 7
MP0343 Sistemas aumentativos e alternativos de comunicación 139 8
MP0345 Proxecto de integración social 26
MP0347 Empresa e iniciativa emprendedora 53 3
MP0348 Formación en centros de traballo 384




Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).