SSSC05

 

SSSC05 - Promoción de igualdade de xénero

Familia: Servizos socioculturais e á comunidade
Sistema educativo: LOE
Grao: superior
Horas: 2000
Código: SSSC05
Documentación: RD
DOG

Que se aprende a facer?
Programar, desenvolver e avaliar intervencións relacionadas coa promoción da igualdade de trato e de oportunidades entre mulleres e homes, aplicando estratexias e técnicas do ámbito da intervención social, detectando situacións de risco de discriminación por razón de sexo e potenciando a participación social das mulleres.

 

En que ámbitos se traballa?
No ámbito público e privado, no sector da prestación de servizos de igualdade de xénero, en diferentes institucións e entidades que prestan servizos de carácter económico e comunitario orientados á igualdade efectiva de mulleres e homes: asociacións, fundacións, institucións, sindicatos, empresas, consultoras, servizos municipais, organismos de igualdade, centros comunitarios, etc.

 

Que ocupacións se desempeñan?
Promotor/ora de igualdade de trato e de oportunidades entre mulleres e homes, promotor/ora para a igualdade efectiva de mulleres e homes, e técnico/a de apoio en materia de igualdade efectiva de mulleres e homes.

 

Cales son os módulos deste ciclo?

Curso Código Módulo profesional Horas Períodos semanais
MP1404 Ámbitos de intervención para a promoción de igualdade 187 7
MP1128 Desenvolvemento comunitario 107 4
MP1408 Formación e orientación laboral 107 4
MP1401 Información e comunicación con perspectiva de xénero 213 8
MP0344 Metodoloxía da intervención social 133 5
MP1403 Promoción do emprego feminino 213 8
MP1409 Empresa e iniciativa emprendedora 53
MP1410 Formación en centros de traballo 384
MP0017 Habilidades sociais 123 7
MP1406 Intervención socioeducativa para a igualdade 105
MP1405 Participación social das mulleres 105
MP1402 Prevención da violencia de xénero 191
MP0020 Primeiros auxilios 53
MP1407 Proxecto de promoción de igualdade de xénero 26

Réxime ordinario

Oferta educativa de formación profesional inicial en centros sostidos con fondos públicos polo réxime ordinario. Curso 2019-2020.

Pontevedra



Concello Código Centro educativo Teléfono
Pontevedra 36014489 CIFP A Xunqueira 986873003




Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).