STCP01

 

STCP01 - Patronaxe e moda

Familia: Téxtil, confección e pel
Sistema educativo: LOE
Grao: superior
Horas: 2000
Código: STCP01
Documentación: RD
DOG
DOC

Que se aprende a facer?
Elaborar os patróns e as escalaxes axustados ao deseño dos compoñentes dos artigos, e organizar e xestionar tecnicamente os procesos de produción, todo isto na área da confección industrial, actuando baixo normas de boa práctica, así como de seguridade laboral e ambiental.

 

En que ámbitos se traballa?
No sector da confección industrializada de productos téxtiles e de pel, así como de calzado e marroquinaría, en pequenas, medianas e grandes empresas, sea por conta allea ou propia, desenvolvendo funcións de xestión da produción e de elaboración de patróns para a industrialización da confección.

 

Que ocupacións se desempeñan?
Deseñador técnico/a de patronaxe con CAD/CAM. Deseñador técnico/a de confección con CAD/CAM. Técnico/a de desenvolvemento de produtos de confección (I+D+i). Técnico/a en desenvolvemento do produto. Encargado/a de oficina técnica. Modelista-patronista de peletaría. Modelista-patronista de prendas de vestir. Modelista-patronista-escalador de sombreiros e gorras. Patronista-escalador de prendas de vestir. Técnico/a en confección industrial. Técnico/a en fabricación de artigos de pel e coiro. Técnico/a en control de calidade de confección. Técnico/a en control de calidade en industrias de pel e coiro. Técnico/a de organización. Xefe/a de fabricación. Xefe/a de calidade. Xefe/a de sección. Xefe/a de equipo.

 

Cales son os módulos deste ciclo?

Curso Código Módulo profesional Horas Períodos semanais
MP0264 Moda e tendencias 107 4
MP0276 Materiais en téxtil, confección e pel 160 6
MP0277 Técnicas en confección 187 7
MP0278 Procesos en confección industrial 133 5
MP0285 Patronaxe industrial en téxtil e pel 266 10
MP0288 Formación e orientación laboral 107 4
MP0165 Xestión da calidade, prevención de riscos laborais e protección ambiental 105 6
MP0280 Organización da produción en confección industrial 87 5
MP0283 Análise de deseños en téxtil e pel 87 5
MP0284 Elaboración de prototipos 157 9
MP0286 Industrialización e escalaxe de patróns 141 8
MP0287 Proxecto de patronaxe e moda 26
MP0289 Empresa e iniciativa emprendedora 53 3
MP0290 Formación en centros de traballo 384




Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).