Concurso de ideas: Turismo Creativo - Ideas para o Norte de Portugal e Galicia

Turismo Creativo: Ideas para o Norte de Portugal e Galicia é un concurso de ideas promovido pola Agrupación Europea de Cooperación Territorial Galicia - Norte de Portugal (GNP-AECT) en conxunto coa Axencia de Turismo de Galicia, a Entidade Rexional de Turismo de Porto e Norte de Portugal (ERTPN) e o ISAG - Instituto Superior de Administración e Xestión.

O concurso ten como principal obxectivo promover a creación de ideas e solucións creativas e innovadoras para o sector do Turismo no Norte de Portugal e Galicia, en calquera dos subsectores que integran esta actividade económica.

Preténdese promover unha cultura de iniciativa e participación da sociedade civil, a través da participación das escolas e da comunidade académica.

Poderán participar persoas a título individual ou en grupo, estando estes constituídos por un máximo de 3 persoas. As persoas participantes o farán por dúas categorías:

  • Categoría Colexios/Escolas/Institutos: Alumnado de ensinazas non universitarias.
  • Categoría Ensino Superior: destínase a alumnado matriculado en ensinanzas universitarias.

Os grupos poderán estar formados por persoas de diferentes institucións e poderán ser orientados por un docente.

As inscricións dos grupos poderán efectuarse até o día 15 defebreiro de 2014 e o prazo de entrega dos proxectos finalizará o día 28 de abril de 2014 ás 17 horas.

Aceda ao formulario

Regulamento do concurso

Declaración de cesión de dereitos

Etiquetas: