Concurso de vídeo Build Europe with us!

A Comisión Europea está a organizar un concurso de vídeo en liña para animar e potenciar o talento da mocidade que estuda ou traballa no sector da construción.

Hai dúas categorías para participar:

  • Apprentices (entre 15 e 20 anos): búscanse novos talentos entre o alumnado que teña ideas innovadoras ou que teña participado durante a súa formación en proxectos relacionados co sector da construción.
  • Masters (entre 18-30): búscanse traballadores novos ou que estean completando os seus estudos, que teñan un proxecto ou unha visión innovadora sobre o sector da construción.

O prazo para participar no concurso remata o 18 de maio.

Os vídeos teñen que subirse á páxina: ec.europa.eu/growth/construction-video-competition.

Un xurado elixirá aos gañadores que se darán a coñecer o 4 de xuño e serán premiados cun smartphone. Os vídeos deben explicar un proxecto ou unha idea innovadora sobre o sector da construción.

Toda a información na páxina, en inglés, do sitio web da Comisión Europea Video competition.

Etiquetas: