Xornada de formación para o profesorado. Construíndo equipos emprendedores aos 15 anos.

Aproveitando o marco do Día do emprendedor realizarase, dentro do plan de formación permanente do profesorado, a primeira sesión da actividade “Construíndo equipos emprendedores aos 15 anos” dirixida aos docentes que impartan materias relacionadas co emprendemento ou estean interesados en fomentar actitudes emprendedoras no ámbito educativo.

Esta primeira sesión desenvolverase en horario de 16:15 a 19:15 horas nos días e lugares que se indican:

 

  • Martes, 18 de outubro. Pazo de Feiras e Exposición de Lugo.
  • Xoves, 20 de outubro. Pazo de Feiras e Exposición de Ourense.
  • Martes, 25 de outubro. Palacio de Congresos de Santiago de Compostela.

 

 As outras dúas sesións desenvolveranse na primeira e segunda quincena de novembro, en datas por concretar.

 A inscrición nesta actividade de formación é preciso realizala na aplicación fprofe, utilizando na súa busca as seguintes referencias:


 

Obxectivos

1. Dispor dunha aproximación a realidade emprendedora nos centros, nos cursos 3º e 4º da E.S.O.

2. Adquirir consciencia da natureza da dimensión da actividade emprendedora. Ollar binomio problema/solución noutras realidades.

3. Elaborar un plan de acción para a posta en marcha de actitudes emprendedoras no alumnado.