Convocado o concurso Desafío AMETIC 2020

A patronal representante do sector da industria tecnolóxica dixital en España (AMETIC) ven de convocar recentemente o concurso Desafío AMETIC 2020, no que se premiarán proxectos innovadores que busquen mellorar procesos comerciais mediante a utilización de tecnoloxías habilitadoras como IoT, Big Data, intelixencia artificial, realidade aumentada, realidade virtual, etc.

Neste concurso de ámbito nacional poderán participar centros educativos de FP, universidades, e escolas de negocio. Ao proxecto gañador outorgaráselle un premio de 6.000 € para o desenvolvemento do mesmo, así como a firma dun contrato-acordo para levar a cabo o desenvolvemento e a posterior implantación do proxecto nunha empresa. O prazo de participación estará aberto ata o 28 de febreiro de 2020.

Etiquetas: