Espazos de tecnoloxía aplicada FP. Relación definitiva de proxectos admitidos e excluídos. Convocatoria 2022

Publicada a listaxe definitiva de proxectos presentados á convocatoria da Resolución do 8 de marzo de 2022 da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional pola que se convoca o programa Espazos de tecnoloxía aplicada para a conversión de aulas tradicionais en espazos de tecnoloxía aplicada na formación profesional en centros públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Universidade durante o ano 2022.

Na seguinte ligazón atopará a relación de proxectos presentados, agrupados por centro educativo, así como a  causa da exclusión se é o caso.