Espazos de tecnoloxía aplicada FP. Relación provisional de proxectos admitidos e excluídos. Convocatoria 2023

Publicada a listaxe provisional de proxectos admitidos e excluídos na convocatoria da Resolución 23 de maio de 2023 da Dirección Xeral de Formación Profesional pola que se convoca o programa Espazos de tecnoloxía aplicada para a conversión de aulas tradicionais en espazos de tecnoloxía aplicada na formación profesional en centros públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades durante o ano 2023.

Na seguinte ligazón atopará a relación de proxectos admitidos e excluídos, agrupados por centro educativo, así como a documentación requirida se é o caso.

O prazo de emenda das solicitudes será do 20 de xuño ao 3 de xullo de 2023, ambos os dous incluídos.