II Encontro Galego de Ciberseguridade 2022
Os días 9 e 10 de novembro terá lugar o II Encontro galego sobre Ciberseguridade no Edificio Fontán da Cidade da Cultura de Galicia que contará coa participación como relatores de profesorado e alumnado dos Cursos de Especialización en Ciberseguridade dos centros CIFP Politécnico de Santiago, CIFP Rodolfo Ucha e IES San Clemente, que impartirán tamén os obradoiros técnicos Wireshark/tshark para análise forense en rede e Threat Hunting e Intrusión nunha contorna de Directorio Activo e análise forense dese ataque.
O profesorado e alumnado interesado poderá asistir previa inscrición nas actividades do seu interese.
Etiquetas: