Xornada de lanzamento do proxecto Erasmus + FUTUREfacing

A Axencia Galega de Innovación (Gain), a través dos Centros de Innovación e Servizos Tecnolóxicos da Madeira (CIS-Madeira) e do Deseño e a Tecnoloxía (CIS-Galicia), xunto coa Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria , lanzan o proxecto FUTUREfacing, que ten por obxectivo a transferencia de coñecemento e a promoción da innovación no produto final da industria da madeira.

Para presentar o proxecto ao sector e ao público en xeral, celebrarase o 8 de febreiro de 2017, en Santiago de Compostela, a xornada gratuíta "Acabados e revestimentos do moble: da fabricación tradicional á industria 4.0", dirixida a empresas, profesionais e estudantes do sector da madeira e o moble. A data límite de inscrición é o xoves 2 de febreiro de 2017.

- Programa da xornada e inscrición

Etiquetas: