Listaxe provisional de equipos presentados ao programa InnovaTech FP 2023/24

Publicada a listaxe provisional de equipos presentados á convocatoria da Resolución do 9 de novembro de 2023 da Dirección Xeral de Formación Profesional pola que se convoca o programa InnovaTech FP e se establecen as bases para a participación dos centros docentes sostidos con fondos públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades durante o curso 2023/24.

Na seguinte ligazón atopará a relación de equipos presentados por centro educativo, así como a documentación requirida, de ser o caso.
O prazo de emenda de solicitudes será do 28 ao 30 de novembro de 2023, ambos os dous incluídos.   

Etiquetas: