Convocatoria do proxecto RetoAlcoa

A Fundación Alcoa e a Fundación Junior Achievement España no seu labor formativa e social no ámbito do emprendemento, pon en marcha, por décimo ano consecutivo, o programa RetoAlcoa; un  programa de emprendemento para mozos e mozas que ten como obxectivo mellorar as capacidades e as habilidades empresariais e emprendedoras do alumnado, aprendéndolles a dirixir unha empresa.

O Plan de Emprendemento no Sistema Educativo de Galicia, eduemprende, como marco de actuación da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria para o fomento do espírito emprendedor no sistema educativo de Galicia, recolle no seu eixe 4 - coordinación e aproveitamento de iniciativas- a divulgación e a utilización do portal educativo como soporte de recursos e de informacións sobre emprendemento para o sistema educativo. Neste ámbito, quérese brindar aos centros educativos de Galicia a participación neste proxecto, en aras de lograr un avance na cultura emprendedora do noso alumnado, necesaria para posibilitarlles un futuro mellor tanto para eles como para a nosa comunidade.

O programa RetoAlcoa:

  • Vai dirixido ao alumnado de 4ª ESO, de bacharelato e de ciclos formativos de formación profesional. Idade máxima permitida 24 anos.
  • Poderán participar todos os centros educativos da Comunidade Autónoma de Galicia, para o que se han de rexistrar na seguinte ligazón http://www.fundacionjaes.org/retoalcoa/formulario.php.
  • O período de inscrición finaliza o 15 decembro ás 18:00 horas.
  • O programa consiste na participación en grupos de 2 ou 3 alumnos ou alumnas, que exercerán como directivos das súas propias empresas simuladas e como responsables de estas, terán que buscar o seu máximo beneficio. Deberán tomar 5 decisións básicas sobre o produto da súa empresa.
  • O programa comeza o 15 de decembro de 2011 e finaliza o 27 de abril de 2012, cunha final presencial en Madrid á que accederán os 8 mellores equipos das comunidades autonómas nas que a empresa Alcoa ten algúnha planta (Galicia, Asturias, Valencía e País Vasco). Os finalistas terán subvencionado a hospedaxe e a viaxe (3 noites de estancia en hotel).
  • Os tres equipos gañadores recibirán como premios: mini-portátiles, IPod e cámaras dixitais.

Máis información:
- Web: www.retoalcoa.com
- Formulario de inscrición: http://www.fundacionjaes.org/retoalcoa/formulario.php        
 

Etiquetas: