XII Edición - FranquiAtlántico (franquías e negocios)

Como en anos anteriores, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria participará na XII edición de FranquiAtlántico para informar sobre o Plan de Empredemento no Sistema Educativo de Galicia “Eduemprende”.

Neste evento terá un especial protagonismo a área do Emprendedor, que mantén a filosofía de ofrecer un espazo aberto onde articular toda a rede emprendedora. Cómpre destacar que estaremos presentes para informarvos, no noso pavillón, de todas as novidades que se están desenvolvendo en materia de emprendemento.

O salón FranquiAtlántico é un grande foro comercial onde encontrar nun mesmo espazo a maior oferta de negocios en franquía e oportunidades de negocio.

O evento desenvolverase en Vigo, nas datas seguintes, e a entrada é gratuíta:

Día 3 de marzo: de 10:30h a 20:00h

Día 4 de marzo: de 10:30h a 19:00h

Ligazón: http://www.franquiatlantico.com/
  

Etiquetas: