Programa “Cooperamos” 2012

Publicada da Orde do 4 de abril de 2012 pola que se establecen as bases reguladoras do certame Cooperativismo no ensino, dirixido ao alumnado e ao profesorado dos centros educativos de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2012.


Cal é a finalidade deste programa?

Co obxecto de facilitar a realización das actividades de promoción do cooperativismo, os centros educativos poderán participar no programa “Cooperamos” organizado pola Dirección Xeral de Relacións Laborais e o Consello Galego de Cooperativas.

A través deste programa os centros poderán recibir asesoramento e apoios técnicos para os labores divulgativos e para a elaboración de traballos para participar no Certame “cooperativismo no ensino” convocado pola Orde do 4 de abril de 2012 (DOG nº  72,  de 16-04-2012).

Quen pode participar?

Os centros educativos de Galicia de Educación Infantil, Primaria, Secundaria obrigatoria e Formación Profesional que precisen apoio para a realización das actividades de promoción do cooperativismo e que participen coa presentación de traballos no Certame “cooperativismo no ensino”.

En que consiste o programa?

A través do programa “cooperamos“ os centros educativos terán a súa disposición os servizos de apoio e asesoramento técnico para a realización de actividades divulgativas e formativas, que sirvan de orientación e respaldo con medios materiais e técnicos, para consolidar as solicitudes de participación no referido Certame.

Existen medios e ferramentas didácticas nos recursos educativos da páxina web do Consello Galego de Cooperativas:

http://www.cooperativasdegalicia.com/educacion/index.htm

Como participar no programa?

Os centros poderán presentar a súa solicitude a través da páxina web www.cooperativasdegalicia.com, onde poderán tramitar a súa inscrición.

  • Denominación completa do centro
  • Enderezo
  • Localidade
  • Código Postal
  • Teléfono do centro
  • Correo electrónico
  • Persoa de contacto
  • Teléfono da persoa de contacto
  • Estudios que cursan os alumnos aos que se dirixe a actividade divulgativa para a que se solicita apoio:

o          Infantil

o          1º e 2º primaria

o          3º e 4º primaria

o          5º e 6º primaria

o          1º ciclo E.S.O.

o          2º ciclo E.S.O.

o          Formación profesional

 

Cal é o prazo para a presentar a ficha de inscrición?

O prazo para a presentación destas fichas de inscrición remata aos 10 días desde a publicación da Orde do 4 de abril de 2012, pola que se establecen as bases reguladoras do certame Cooperativismo no ensino, dirixido ao alumnado e profesorado dos centros educativos de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2012 (DOG nº 72, de 16-04-2012).

Cales son os criterios de selección de participación?

A selección das solicitudes, a través das fichas de inscrición, farase por rigoroso orde de inscrición, ata esgotar a capacidade de atención prevista no programa para os distintos niveis educativos.

Onde me poden solucionar algunha dúbida?

Chamando ao teléfono 881 999 268 de luns a venres en horario de 9 a 14 horas ou no correo electrónico:  consellogalegodecooperativas@xunta.es

Etiquetas: