Programa de Educación Financeira

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, en colaboración coa Comisión Nacional do Mercado de Valores (CNMV), o Banco de España e a Dirección Xeral de Seguros e Fondos de Pensións pon a disposición dos centros educativos de Galicia o programa de “Educación Financeira”.
Este programa ten como obxectivo potenciar os coñecementos, destrezas e habilidades básicas que permitan ao alumnado comprender a importancia de conceptos como o aforro, os ingresos, o presuposto persoal, o custe dos produtos, a calidade de vida e o consumo responsable.

Etiquetas: