Programa JA Construye tu carrera

O programa “JA Construye tu carrera”, impulsado pola Fundación Alcoa e a Fundación Junior Achievement está destinado a alumnado de 3º, 4º de ESO e 1º de Bacharelato. O programa consta de tres sesións de 50 minutos/1 hora cada unha na que as alumnas e os alumnos realizarán exercicios e xogos prácticos para aprender o día a día dunha persoa especialista en ramas técnicas e tecnolóxicas. Este programa non supón ningún custe nin para o centro nin para o alumnado.

Para inscribirse remita un correo electrónico á Fundación Junior Achievement ao enderezo mariajesus.cubillo@fundacionjaes.org, indicando o nome do centro e o horario no que se desenvolverán as tres sesións.

Máis información: descrición do programa

Etiquetas: