Inscrición Xestión forestal e do medio natural

O prazo para cubrir o formulario está pechado.

Este formulario é exclusivamente para realizar solicitudes de participación na convocatoria específica de admisión para o réxime de persoas adultas en modalidade semipresencial e a distancia do CS de Xestión forestal e do medio natural, en desenvolvemento da addenda asinada con data do 4 de outubro de 2019 entre as consellerías de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio; de Educación, Universidade e Formación Profesional e de Medio Rural. En virtude desta addenda os axentes facultativos ambientais e os axentes forestais auxiliares que participaron no proceso de acreditación de competencias poderán realizar solicitudes de admisión empregando o seguinte formulario.

A solicitude de inscrición estará aberta ata as 13 horas do 14 de outubro de 2019.

A solicitude será única, só se terá en conta a última enviada dentro do prazo. Logo de realizada a solicitude, a recepción do formulario será confirmada no correo electrónico que figure na propia solicitude. É preferible empregar un enderezo de correo corporativo para realizar a solicitude, pois no caso de empregar contas tipo hotmail ou gmail, podería non recibirse a mensaxe de correo de confirmación.

Para calquera dúbida sobre a solicitude, pode poñerse en contacto a través dos teléfonos 881 99 74 07,  881 99 74 08 ou no enderezo electrónico admision.ciclos@edu.xunta.es