MARG03

 

MARG03 - Postimpresión e acabamentos gráficos

Ciclo formativo
Familia: Artes gráficas
Sistema educativo: LOE
Grao: medio
Horas: 2000
Código: MARG03
Documentación: RD

Que se aprende a facer?
Realizar as operacións relativas á postimpresión e os acabamentos gráficos, asegurando a calidade e cumprindo a normativa de seguridade e protección ambiental.

 

En que ámbitos se traballa?
Empresas de artes gráficas, editoriais, de comunicación, de publicidade, de encadernación, imprentas, empresas de packaging, de acabamentos gráficos, de fabricación de complexos e de transformacións de papel e cartón. Tamén poden exercer a súa actividade noutras empresas que teñan seccións de encadernación industrial e fabricación de envases e embalaxes.

 

Que ocupacións se desempeñan?
Encadernador/ora industrial; técnico/a en guillotinaxe; técnico/a encartador/ora; técnico/a encartador/ora engomador/ora; técnico/a en alzadora; técnico/a en cosedora de pregos; encadernador/ora en rústica e tapa dura; encadernador/ora en grampa ou arame; impresor/ora flexográfico/a; técnico/a en confección en tapas de encadernación; técnico/a en estampaxe de tapas; técnico/a en packaging; técnico/a en acabamentos gráficos; técnico/a en elaboración de envases e embalaxes; técnico/a en troquelaxe.

 

Cales son os módulos?

Curso Código Módulo profesional Horas Períodos semanais
MP1220 Elaboración de tapas e arquivadores 134
MP1215 Encadernación en grampa 80
MP1222 Formación de envases 80
MP1223 Formación e orientación laboral 107
MP1214 Guillotinaxe e pregado 160
MP0879 Impresión en flexografía 213
MPI027 Lingua estranxeira profesional I 53
MP1218 Materiais para postimpresión 133
MP1224 Empresa e iniciativa emprendedora 53
MP1216 Encadernación en rústica e tapa dura 175
MP1225 Formación en centros de traballo 410
MPI028 Lingua estranxeira profesional II 53
MP1221 Tratamento superficial do impreso 175
MP1217 Troquelaxe 174




Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).