Curso biotecnoloxía

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria en convenio co Ministerio de Educación está a organizar un curso de Biotecnoloxía que se celebrará no CIFP Politéncico de Santiago do 18 ao 22 de xullo. Esta actividade está destinada ao profesorado das familias profesionais de Agraria, Industrias Alimentarias, Química e Sanidade de todo o estado.

Etiquetas: 

Borrador da orde pola que se regula a avaliación e acreditación académica

Borrador da orde de 2011 pola que se regula o desenvolvemento, a avaliación e a acreditación académica do alumnado das ensinanzas de formación profesional inicial.

Borrador da orde pola que se regulan os PCPI

Borrador da orde, de 2011 pola que se regulan os programas de cualificación profesional inicial na Comunidade Autónoma de Galicia.

Etiquetas: 

Acreditación de competencias no CIFP Anxel Casal Monte Alto

Ligazóns as páxinas web do CIFP Anxel Casal Monte Alto, onde poderás atopar o calendario de entrevistas individuais das diferentes comisións de avaliación.

Acreditación de competencias no CIFP Carlos Oroza

Inicio da fase de asesoramento 
Convócase a todas as persoas candidatas admitidas á primeira reunión grupal de asesoramento, que terá lugar o día 4 de xullo as 12:00 horas. E aquelas que non poidan asistir nese horario, poderán asistir o mesmo día as 16:00 horas no CIFP de Carlos Oroza.

Listaxes definitivas de persoas admitidas/excluidas

Nas seguintes ligazóns pódese consultar as listaxes definitivas de persoas admitidas/excluidas en cada unidade de competencia no marco do proceso de acreditación de competencias.

 

Listaxes provisionais de persoas admitidas/excluidas

Nas seguintes ligazóns pódese consultar as listaxes provisionais de persoas admitidas/excluidas en cada unidade de competencia no marco do proceso de acreditación de competencias.

 

Listaxes provisionais de solicitantes

Nas seguintes ligazóns pódese consultar a listaxe de solicitantes en cada unidade de competencia no marco do proceso de acreditación de competencias.

 

As persoas que desexen presentar algunha alegación aos datos que figuran na listaxe de persoas solicitantes por unidade de competencia, deberán remitila á sede da comisión avaliadora e dirixila aos presidentes ou as presidentas das comisións no prazo de dez días naturais contados a partir do día seguinte ao da súa publicación.

Sedes do proceso de acreditación de competencias

O desenvolvemento do proceso terá lugar nos centros integrados de formación profesional (CIFP) 

 

Familia Profesional: Fabricación mecanica
Unidades de competencias asociadas ao ciclo CM Soldadura e caldeiraría segundo o anexo I.

 

Xornadas técnicas sobre a metodoloxía de comunicación de proxectos de empresa

Os pasados días 9 e 10 de maio celebráronse no CIFP Politécnico de Santiago as xornadas de formación sobre o desenvolvemento de metodoloxía para comunicación efectiva de proxectos de empresa e a súa materialización.

Etiquetas: 
Distribuir contido