Relación definitiva de centros autorizados para impartir ciclos formativos plurilingües. Curso 2017/18

Publicada a Resolución do 18 de setembro de 2017, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se fai pública a relación de centros autorizados para impartir ciclos formativos plurilingües (Estrela PluriFP), así como os ciclos formativos autorizados, no curso 2017/18.

Etiquetas: 

Corrección na publicación da proposta provisional eduemprende Idea 2017

Revisada a publicación da relación de proxectos da proposta provisional de adxudicación dos premios do concurso Eduemprende Idea 2017 (Orde do 30 de marzo de 2017 pola que se convoca o concurso Eduemprende Idea 2017 dirixido ao alumnado das ensinanzas de formación profesional, deportivas ou de artes plásticas e deseño da Comunidade Autónoma de Galicia, sostidas con fondos públicos, publicada no DOG do 17 de abril de 2017), cómpre facer a seguinte corrección: 

Etiquetas: 

30 aniversario Erasmus + FP

O pasado 26 de setembro de 2017 tivo lugar na Cidade de Cultura de Galicia a celebración do 30 aniversario Erasmus+ no ámbito da Formación Profesional.

Trátase do único acto de conmemoración en España do aniversario desta iniciativa educativa europea no eido da FP, congregando a máis de 300 profesores e alumnos da maioría das comunidades autónomas.

Multimedia: 

Espazo coworking "A/Em prender en verde" en Padrón

O espazo coworking "A/Em prender en Verde" está concibido como un programa de desenvolvemento do talento para aqueles emprendedores e profesionais do ámbito da economía e cultura verde, que buscan unha formación completa e especializada que abarca desde a creación do talento ata a profesionalización do emprendemento verde. Desenvolveranse obradoiros, sesións de mentorización e outras actividades para potenciar o networking e compartir boas prácticas.

Etiquetas: 

Proposta provisional de adxudicación dos premios eduemprende Idea 2017

Publícase a proposta provisional de adxudicación dos premios do concurso Eduemprende Idea 2017 (Orde do 30 de marzo de 2017 pola que se convoca o concurso Eduemprende Idea 2017 dirixido ao alumnado das ensinanzas de formación profesional, deportivas ou de artes plásticas e deseño da Comunidade Autónoma de Galicia, sostidas con fondos públicos, publicada no DOG do 17 de abril de 2017) elaborada pola comisión avaliadora do devandito concurso. 

Etiquetas: 

Participación da FP galega en Termatalia 2017

A Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa participou cun stand de información sobre a FP na 17ª edición de Termatalia, feira internacional de turismo termal, saúde e benestar.

Esta feira busca fomentar o intercambio de experiencias entre distintos continentes, desde o punto de vista empresarial, institucional e social, para obter unha perspectiva global do sector, coa finalidade de impulsar o mercado estratéxico do turismo termal e do benestar.

Etiquetas: 
Multimedia: 

Xornada sobre análise dos accidentes laborais no sector forestal

O próximo 28 de setembro celebrarase no salón de actos da deputación provincial de Lugo a xornada "Análise dos accidentes laborais no sector forestal e as súas consecuencias xurídicas e responsabilidades empresariais na contratación e subcontratación de autónomos. Experiencias prácticas".

Etiquetas: 

Premios europeos á innovación na Formación Profesional 2017

Entre o 20 e o 24 de novembro de 2017 celebrarase en Bruxelas a segunda Semana Europea da Formación Profesional.

Etiquetas: 

Xornada de Difusión de Programas Erasmus+ FP (KA102 e KA202)

O vindeiro 27 de setembro de 2017 terá lugar unha xornada de difusión de Programas Europeos Erasmus+ (KA102 e KA202) no CIFP Politécnico de Santiago, en Santiago de Compostela.

Esta xornada, durante a que se darán a coñecer as novidades da convocatoria 2018, forma parte dun plan de difusión de accións Erasmus+ organizado pola Unidade de Formación Profesional do SEPIE (Servizo Español para Internalización da Educación).

O prazo de inscrición remata ás 12:00 horas (hora peninsular) do 26 de setembro.

Bolsas de práctica laboral en empresas da provincia de Pontevedra

O Servizo de Promoción do Emprego e Desenvolvemento Local e de Recursos Humanos e Formación da Deputación de Pontevedra, convoca bolsas de práctica laboral en empresas da provincia de Pontevedra, destinadas a persoas con titulación universitaria ou de formación profesional de grado superior, sen experiencia laboral previa no ámbito da súa titulación, coa finalidade de promover e completar a súa formación en áreas de coñecemento ou actividades que poidan facilitar a súa incorporación ao mercado laboral mediante a realización dunha práctica laboral nunha empresa

Etiquetas: 
Distribuir contido