Probas de acceso a ciclos de grao superior. Cualificacións definitivas. Convocatoria 2017

Publicada a listaxe definitiva das cualificacións das probas de acceso aos ciclos formativos de grao superior.

Etiquetas: 

Proxecto educativo Depoemprende na escola 2017-2018

Convocado o proxecto educativo Depoemprende na escola 2017-2018, dirixido aos centros docentes sostidos con fondos públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria que impartan ensinanzas de educación primaria e centros de educación especial da provincia de Pontevedra.

Etiquetas: 

Probas de acceso a ciclos de grao medio. Exames e respostas da convocatoria 2017

Publicados os exames e as respostas da convocatoria 2017 de probas de acceso a ciclos formativos de grao medio.

Etiquetas: 

Cursos de verán para a formación permanente do profesorado

O Ministerio de Educación, Cultura e Deporte convoca, en réxime de concorrencia competitiva, 660 prazas para a realización de cursos de verán para a formación permanente do profesorado, en convenio coa Universidade Internacional Menéndez Pelayo.

Modalidades:

Acreditación de competencias. Listaxes de solicitantes. Xestión forestal

Publicación das listaxes de solicitantes para participar no procedemento de acreditación de competencias profesionais da convocatoria realizada ao abeiro da Resolución do 26 de abril de 2017 pola que se convoca o proceso de acreditación de competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral, para determinadas unidades de competencia do Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais, en desenvolvemento do Acordo de colaboración subscrito entre a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, a Consellería de Cultura, Educación e Orde

Prazas vacantes en probas libres. Curso 2016/2017

Publicadas a prazas vacantes de probas libres.

As persoas interesadas, que cumpran os requisitos de acceso indicados na Orde do 5 de abril de 2013, poderán matricularse en calquera dos módulos dos ciclos con prazas vacantes. O período de matrícula do curso 2016/2017 é do 23 ao 31 de maio de 2017 ás 13:00 horas. A matrícula realizarase por estrita orde de chegada.

Etiquetas: 

Carnés profesionais. Listaxe definitiva de persoas admitidas. Convocatoria ordinaria 2017

Publicada a listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas da convocatoria ordinaria 2017 de probas de carnés e habilitacións profesionais.

Convocatoria de axudas económicas para o alumnado que realiza a FCT

Publicada a Orde do 3 de maio de 2017 pola que se convocan axudas económicas para o alumnado que realiza formación práctica en centros de traballo.

As solicitudes xunto co resto dos anexos requiridos serán facilitados ao alumnado polo centro educativo en que estea matriculado no momento de realizar a formación en centros de traballo.

Etiquetas: 

Premios a proxectos de innovación na FP. Relación de proxectos premiados

Publicada a resolución do 9 de maio de 2017 da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa pola que se resolven os premios para o desenvolvemento de proxectos de innovación tecnolóxica ou científica e proxectos de innovación didáctica no ámbito da Formación Profesional en centros públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria onde se impartan ensinanzas de Formación Profesional, convocados na resolución do 22 de decembro de 2016.

Etiquetas: 

Probas de acceso a grao medio. Listaxe definitiva de solicitudes e exencións. Convocatoria 2017

Publicada a listaxe definitiva de solicitudes e exencións para as probas de acceso a ciclos formativos de grao medio na convocatoria ordinaria 2017.

- Máis información sobre a convocatoria

Etiquetas: 
Distribuir contido