Convocatoria dos premios á calidade e innovación en orientación e formación profesional para o ano 2011.

O ministerio de educación convocou no BOE do 29 de agosto as bases para os premios á calidade e innovación en orientación e formación profesional para o ano 2011.

Convócanse dúas modalidades de premios:

1. Premios á calidade e innovación en formación profesional do sistema educativo. 
2. Premios á calidade e innovación en orientación profesional desde o sistema educativo.

Programa de axudas e becas en zonas mineiras do carbón

Aberta a convocatoria 2011-2012 de Becas "AB" para a realización de estudos de bacharelato, Formación Profesional, PCPI e estudos universitarios en España.

O prazo de presentación de solicitudes remata o 30 de setembro de 2011.

Máis información na seguinte ligazón:

- Ver máis

Etiquetas: 

Orde pola que se desenvolve o regulamento orgánico dos centros integrados de FP

Orde do 29 de xullo de 2011 pola que se desenvolve o Decreto 77/2011, do 7 de abril, polo que se establece o Regulamento orgánico dos centros integrados de formación profesional competencia da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Máis información

Etiquetas: 

Prazos de admisión do alumnado de PCPI

Resolución do 27 de xullo de 2011, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se determinan os prazos de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que impartan programas de cualificación profesional inicial e se ditan instrucións para o seu desenvolvemento no curso académico 2011-2012.

Máis información

Etiquetas: 

Resolución para o desenvolvemento dos ciclos formativos

Resolución do 26 de xullo de 2011, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento dos ciclos formativos de formación profesional inicial no curso 2011-2012.

Máis información

Etiquetas: 

FP Idea: convocatoria premios ano 2011

Resolución da convocatoria de premios de FP Idea na convocatoria do ano 2011.
 

Etiquetas: 

Admisión grao superior: listaxes da 2ª adxudicación ordinaria

No seguinte documento xunto pódense consultar a listaxe da 2ª adxudicación ordinaria para os ciclos formativos de grao superior. Nestas listaxes poderanse comprobar as persoas que teñen unha praza adxudicada nun ciclo formativo de grao superior polo réxime ordinario.

Admisión grao medio: listaxes da 2ª adxudicación ordinaria

No seguinte documento adxunto pódese consultar a listaxe da 2ª adxudicación ordinaria para os ciclos formativos de grao medio. Nesta listaxe poderase comprobar as persoas que teñen unha praza adxudicada nun ciclo formativo de grao medio.

Oferta PCPI curso 2011-2012

No DOG do 21 de xullo 2011, publicouse a Orde do 13 de xullo de 2011 pola que se regulan os programas de cualificación profesional inicial na Comunidade Autónoma de Galicia, na que se destaca a súa flexibilización e, entre outros aspectos, se establecen os réximes e as modalidades de impartición.

Etiquetas: 
Distribuir contido