Resolución das axudas económicas para o alumnado que realiza FCT ou FP dual

Publicada no DOG a Orde do 31 de decembro de 2023 pola que se fai pública a resolución das axudas económicas para o alumnado que realiza formación práctica en centros de traballo ou FP dual, convocadas pola Orde do 19 de xullo de 2023.

Etiquetas: 

Convocatoria Erasmus+ para alumnado de FP de grao superior. Proxecto KA131-HED-000064182

Publícase a Resolución do 12 de xaneiro de 2024 da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan axudas de mobilidade para o alumnado de ciclos formativos de grao superior de centros educativos públicos que forman parte do consorcio de mobilidade do proxecto Erasmus+ 2022-1-ES01-KA131-HED-000064182.

O prazo de presentación de solicitudes será de trinta días naturais, a contar dende o día seguinte ao da publicación da presente resolución no portal educativo.

Convocatoria de programas do Plan Eduemprende 2023/2024

Publicada a Resolución do 10 de xaneiro de 2024 da Dirección Xeral de Formación Profesional pola que se regula o Plan Eduemprende e se establecen as bases para a participación dos centros educativos sostidos con fondos públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades durante o curso 2023/2024.

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto desde o día 11 de xaneiro ata o 21 de febreiro de 2024, ambos os dous incluídos.

Etiquetas: 

Listaxe definitiva de cualificacións de carnés e habilitacións profesionais segunda convocatoria 2023

Publicada a listaxe definitiva de cualificacións das probas da segunda convocatoria 2023  para a obtención de determinados carnés e habilitacións profesionais.

Contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada perante o Conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades no prazo dun mes desde a súa publicación.

Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio e superior. Orde da convocatoria 2024.

Publicada a Orde do 21 de decembro de 2023 pola que se regulan as probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional do sistema educativo, e se convocan para o ano 2024 (códigos de procedemento ED312C e ED312D).

Prazo de presentación de solicitudes:

Etiquetas: 

Convocatoria Erasmus+ para persoal de FP superior. Proxecto KA131-HED-000064182

Publícase a Resolución do 27 de decembro de 2023 da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades pola que se establece o procedemento para a tramitación de mobilidades de profesorado de ciclos formativos de grao superior de Formación Profesional dos centros educativos que forman parte do consorcio do proxecto 2022-1-ES01-KA131-HED-000064182 e persoal da Dirección Xeral de Formación Profesional.

O prazo de presentación de solicitudes será de trinta días naturais, a contar dende o día seguinte ao da publicación da presente resolución no portal educativo.

Aulas de emprendemento na Formación Profesional. Convocatoria 2024

Convócase o programa de Aulas de emprendemento destinado a centros públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades que impartan ensinanzas de Formación Profesional durante o ano 2024.

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto desde o día 10 de xaneiro ata o 20 de febreiro de 2024, ambos os dous incluídos.

Premios a proxectos de innovación na Formación Profesional. Convocatoria 2024

Publicada a convocatoria de premios para o desenvolvemento de proxectos de innovación tecnolóxica ou científica e proxectos de innovación didáctica no ámbito da Formación Profesional en centros públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto desde o día 9 de xaneiro ata o 19 de febreiro de 2024, ambos os dous incluídos.

Etiquetas: 

Convocatoria para a conversión de aulas tradicionais en espazos de tecnoloxía aplicada 2024

Convócase o programa Espazos de tecnoloxía aplicada para a conversión de aulas tradicionais en espazos de tecnoloxía aplicada na Formación Profesional en centros públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades durante o ano 2024.

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto desde o día 9 de xaneiro ata o 19 de febreiro de 2024, ambos os dous incluídos.

Exención da taxa de asesoramento e da taxa de avaliación do Procedemento ARA

No DOG Núm. 246, do venres 29 de decembro de 2023, publicouse a Lei 10/2023, do 28 de decembro, de medidas fiscais e administrativas.

No capítulo II desta lei, que trata dos tributos propios, o artigo 6.2 modifica o apartado 10 do artigo 23 da Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia.

Distribuir contido