Listaxe definitiva de solicitudes admitidas e excluídas do Programa Retorna Talento FP 2023/24

Publicada a listaxe definitiva de solicitudes admitidas e excluídas do Programa Retorna Talento FP 2023/24.

Etiquetas: 

Listaxe provisional de solicitudes admitidas e excluídas do Programa Retorna Talento FP 2023/24

Publicada a listaxe provisional de solicitudes admitidas e excluídas do Programa Retorna Talento FP 2023/24.

O prazo de emenda de documentación estará aberto ata o día 16 de outubro ás 23:59:59 hora peninsular española.

Etiquetas: 

Resolución do 29 de setembro de 2023, pola que se convoca un programa de mobilidades de FP dual

O obxecto desta resolución é convocar o Programa de Mobilidades de FP Dual para o curso 2023/2024 e establecer as súas bases reguladoras.

Poderán solicitar a súa participación neste programa os centros públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades con alumnado matriculado, no curso 2023-2024, en ensinanzas de formación profesional impartidas na modalidade de formación profesional dual, tanto no réxime ordinario como no réxime de ensinanzas para as persoas adultas.

Etiquetas: 

Ampliación do prazo de presentación de solicitudes do programa Retorna Talento FP 2023/24

Publicada a Orde do 18 de setembro de 2023 pola que se acorda a ampliación do prazo para a presentación de solicitudes no procedemento regulado na Orde do 4 de agosto de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras e se convoca o programa Retorna Talento FP, para persoas galegas residentes no estranxeiro interesadas en retornar e cursar determinados estudos de formación profesional que se inicien no curso académico 2023/24 en centros educativos de Galicia (código de procedemento ED333B).

Etiquetas: 

Proxectos de formación do profesorado de formación profesional e de ensinanzas de réxime especial 23/24

A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, como responsable da planificación da formación do profesorado, convoca proxectos de formación específicos para o profesorado que imparte docencia nas ensinanzas de formación profesional e de ensinanzas de réxime especial en centros públicos para o curso 2023-2024.

Que son?

Admisión FP. Ciclos formativos e cursos de especialización con prazas dispoñibles

Amplíase o prazo de matrícula en ciclos e módulos de formación profesional con prazas vacantes ata o día 22 de setembro ás 13:00 horas.

Etiquetas: 
Tema: 

Relación de centros que conformarán a Rede galega de dinamización da relación con empresas na FP no curso 2023-2024

 

Publicada a Resolución do 14 de setembro de 2023, da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se fai pública a relación de centros que conformarán a Rede galega de dinamización da relación con empresas na FP no curso 2023-2024.

Etiquetas: 

Admisión FP. Ciclos de grao básico con prazas dispoñibles

Ábrese o prazo de matrícula en ciclos de grao básico de formación profesional con prazas vacantes desde desde o mércores 6 de setembro ata as 13:00 horas do venres 22 de setembro de 2023.

Etiquetas: 

Resolución pola que se da continuidade e se amplía a Rede galega de dinamización da relación con empresas na FP no curso 2023/24

Publicada a Resolución do 5 de setembro de 2023, da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se dá continuidade e se amplía a Rede galega de dinamización da relación con empresas na FP no curso 2023/24, convocada pola resolución do 27 de setembro de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional.

Etiquetas: 
Distribuir contido