Programa Educa2020. Enquisa sobre emprendemento, innovación e emprego

Recentemente foi presentado no Ministerio de Educación, Cultura e Deporte o Programa Educa2020, centrado en analizar as actitudes emprendedoras e innovadoras, os traballos do futuro e as expectativas profesionais dos mozos e mozas con idades comprendidas entre os 16 e os 18 anos, por medio dunha enquisa realizada electronicamente.

A devandita enquisa permitirá non só recadar os datos antes mencionados, senón que poderá axudar ao alumnado a reflexionar sobre o seu propio proceso de orientación académica e profesional.

A recompilación de mostras comezou este mes de febreiro e rematará na primeira quincena de marzo. Unha vez realizado o estudo dos datos recollidos, Educa2020 dará a coñecer os resultados do mesmo.

- Ligazón á enquisa

Este estudo preséntase como a segunda gran análise sociolóxica a estudantes do programa Educa2020 que, o pasado ano, lanzou a súa primeira enquisa a 9000 universitarios de todas as provincias españolas. Froito dese estudo elaborouse o libro "Universidade e Emprego, manual de instrucións", que se pode descargar gratuitamente na seguinte ligazón:

- Universidade e Emprego, manual de instrucións

- Máis información

Etiquetas: