Programa de especialización en materia de financiamento comunitario

Aberto ata o 10 de xullo o prazo para inscribirse no Programa de especialización en materia de financiamento comunitario.

A Fundación Galicia Europa (FGE) convoca un programa de especialización para 20 persoas que se desenvolverá na súa oficina de Bruxelas do 21 a 25 de setembro.

Os participantes recibirán formación especializada sobre o marco financeiro comunitario 2014-2020, os programas e iniciativas europeos e as vías de financiamento existentes, ademais de visitar as sedes das institucións europeas co obxectivo de coñecer de primeira man as súas competencias e funcionamento. A FGE cofinanciará os gastos derivados da participación neste programa.