Programa Yuzz, para mozas e mozos emprendedores
O Centro Internacional Santander Emprendimiento (CISE), integrado na Universidad de Cantabria a través da Fundación de la Universidad de Cantabria para el Estudio y la Investigación del Sector Financiero (UCEIF), coa colaboración de máis de 40 entidades públicas e privadas comprometidas co fomento da innovación e o emprendemento, promove o Programa YUZZ "Mozos con Ideas" para a promoción do talento e o espírito emprendedor.
É un programa que vai dirixido ás mozas e aos mozos de 18 a 30 anos que teñan unha idea de negocio de base tecnolóxica.
Para poder participar no programa deben presentar a súa candidatura a través do formulario de inscrición da web www.yuzz.eu.
O prazo para presentar candidaturas remata o 19 de febreiro de 2015 ás 14:00 horas.