Xornada "Encontros encírculo: educación e empresa. Profesionais e profesións do futuro". 3ª edición

O vindeiro luns 25 de novembro celebrarase a terceira edición da xornada "Encontros encírculo: educación e empresa. Profesionais e profesións do futuro", na que se porán en común propostas para conseguir que o sistema formativo e o modelo produtivo camiñen da man cara o futuro.

Trataranse temas como a creatividade, a innovación, as cualificacións máis demandadas polas empresas ou a formación profesional dual.

  • Lugar: sede do Círculo de Empresarios de Galicia. Avenida de García Barbón, 62, Vigo
  • Horario: de 9:00 a 16:30 h

- Máis información, programa e inscrición

Etiquetas: