Xornada "Igualdade de xénero na Formación Profesional" no CIFP Politécnico de Santiago

O  próximo 17 de decembro terá lugar no CIFP Politécnico de Santiago a xornada "Igualdade de xénero na Formación Profesional", dirixida a equipos directivos e xefes e xefas dos departamentos de Orientación dos centros de Formación Profesional. Nesta xornada presentarase a publicación "Prácticas para a igualdade de xénero na FP", que recolle exemplos de actividades no ámbito da igualdade de xénero propostas polos diferentes centros que integran a Rede de Centros Integrados de Formación Profesional, para que poidan ser levadas a cabo en calquera centro de FP. Ademais, presentarase o Plan de Igualdade do CIFP Compostela como modelo a seguir na elaboración dun plan de igualdade nun centro con ensinanzas de formación profesional.

Estas actuacións enmárcanse no acordo de colaboración entre Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, asinado con data do 22 de febreiro de 2019, que establece entre a súas medidas a mellora de plans de igualdade nos CIFP. Neste senso cada un dos 20 centros que constitúen a Rede Galega de Centros Integrados de Formación Profesional contan xa, desde o primeiro trimestre do curso 2019/2020, cun Plan de Igualdade deseñado baixo unha estrutura común á toda a rede.

Etiquetas: