Xornada "Smart farm training for employment"

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, está a coordinar o proxecto "Smart farm training for employment" co obxectivo de aproximar a innovación ao sector agroforestal con 5 socios de 4 países.

Para presentar o proxecto ao sector e ao público en xeral, celebrarase o 21 de febreiro a xornada "Smart farm training for employment" no Museo Pedagóxico de Galicia.

- Programa da xornada