Título node Learning object

As nosas letras
Mar, 18/03/2014 - 13:07
as nosas letras

As nosas letras é un proxecto colaborativo no que se mostran actividades feitas na escola e para a escola con motivo do Día das Letras Galegas.
A iniciativa xorde no ano 2011 cando varios centros (CEIP Nº1 de Tui, CEIP de Guillarei e CEIP Infante Felipe de Borbón de Salvaterra do Miño) intercambian actividades sobre Lois Pereiro, autor homenaxeado aquel ano.
Dende aquel momento, fóronse sumando outros centros da zona (CEIP Marquesa do Pazo da Mercé das Neves, CEIP Nosa Señora dos Remedios de Ponteareas...) para compartir actividades relacionadas con investigacións e traballos das obras de diversos autores en galego.
Hoxe o proxecto está aberto e pode participar calquera docente de calquera especialidade e etapa educativa co seu grupo de alumnos compartindo as actividades que desexe sempre que estean relacionadas coas letras galegas dalgunha forma. Poden ser sobre o autor homenaxeado ou non, sempre que sexan en galego, se traballe algún dos obxectivos propostos no proxecto e sirvan para transmitir a esencia e o coñecemento do Día das Letras Galegas. Caben todo tipo de actividades: bailes, cancións, representacións teatrais, recitados de poemas...

Para coñecer máis sobre a iniciativa visita o blog do proxecto http://letrasgalegas.blogspot.com.es e, para participar, escribe un correo a asnosasletras@gmail.com ou contacta por twitter @asnosasletras