Obradoiro de Oratoria no ámbito educativo

Curso presencial no CAFI
Mér, 13/01/2016 - 12:11
Obradoiro de Oratoria no ámbito educativo
Obradoiro de Oratoria no ámbito educativo

OBXECTO: Apoiar na implantación da asignatura de Oratoria nas aulas a través dun programa de capacitación e motivación para docentes. 

METODOLOXÍA: 

  • Transversal. Na concepción de que a oratoria ten un carácter transversal, proponse a creación de grupos de participantes heteroxéneos no que se refire ás materias das que son responsables que contribúa a romper estereotipos que relacionen o desenvolvemento das competencias en oratoria con ámbitos estritamente lingüísticos.
  • Práctica. A oratoria entendida como capacidade de utilizar a palabra para nos comunicar, require que a translación de contidos sexa feita dunha perspectiva eminentemente práctica.
  • Orientada a resultados. Desde o primeiro momento as e os participantes terán como orientación a realización dunha exposición pública de curta duración que
    contribuirá a que cada participante busque a súa motivación para acadar un obxectivo claramente definido: unha exposición pública atractiva.

REFERENCIA: S1503016

TÍTULO:  Obradoiro de oratoria no ámbito educativo

HORAS PRESENCIAIS: 12

PRAZAS: 20

LUGAR: CAFI