Título node Learning object

Maltrato entre iguais. Programa de sensibilización sobre o maltrato entre iguais
Ven, 06/04/2012 - 13:15
Maltrato entre iguais. Programa de sensibilización sobre o maltrato entre iguais

As investigacións arredor do maltrato entre iguais insisten en que a prevención é un aspecto fundamental para acabar con el, e que esa prevención require previamente do coñecemento das características que o definen e o diferencian doutros fenómenos similares. 

En concordancia con ese obxectivo considerouse útil a elaboración dun material de carácter divulgativo que dea a coñecer as súas parti­cularidades máis significativas e que poida chegar aos diferentes colectivos da comunidade educativa.

A finalidade última que se persegue é a de sensibilizar a todo o colectivo sobre a importancia dos comportamentos ligados ao maltrato entre iguais e sobre os custos emocio­nais e persoais que teñen para as persoas implicadas nel.

Dada a variedade dos destinatarios, considerouse oportuno a ela­boración dun material similar, pero ao mesmo tempo diferente, dirixido aos seguintes colectivos:

  • Material do alumnado: Non fagas trato co maltrato.
  • Material do profesorado
  • Material das familias

Outros materiais similares:

Programa de sensibilización contra o maltrato entre iguais (C.A.V.A.S. Cantabria)

Programa de sensibilización contra o maltrato entre iguais (Junta de Castilla y León - Rea)