Estadías Formativas en Empresas 2013

Dende o 15 de abril ata o 13 de setembro de 2013, o profesorado de Formación Profesional galego pode realizar estadías formativas en empresas de ámbito nacional e internacional. Esta actividade formativa está cofinanciada polo Fondo Social Europeo. O profesorado interesado, logo de facer unha preinscrición, debe presentar un proxecto formativo onde debe xustificar as súas necesidades formativas, así como sinalar os obxectivos e temporalización da mesma. Durante a realización desta actividade, o profesorado participante deberá elaborar unha actividade de aplicación directa a aula que se entregará xunto cunha memoria ao remate da mesma.
Lun, 25/02/2013 - 10:08
estadias formativas
Convocatoria de Estadias Formativas para o profesorado de FP

Data límite de inscrición: 8 de marzo do 2013

Período de realización das estadías: dende o 15 de abril ata o 13 de setembro do 2013 (agás o mes de agosto)

Número de horas totais: dende 40 horas ata 160 horas.

Ligazón á Convocatoriahttps://www.edu.xunta.gal/fp/estadias-formativas-en-empresa