Elaboración de programacións LOE con aplicación informática

Proximamente desenvolverase unha nova edición do curso a distancia: "Elaboración de programacións LOE con aplicación informática". Esta actividade está dirixida ao profesorado de FP que ten que impartir docencia nalgún dos módulos FP LOE no presente curso 2012-13, sendo este último un requisito necesario para poder ser admitido nesta actividade. Neste curso explicarase o uso da nova aplicación online de elaboración de programacións FP LOE.
Lun, 25/02/2013 - 11:31
Elaboracion de programacions FP-LOE con aplicacion informatica
Elaboración de programacións LOE con aplicación informática

Esta actividade é unha novidade no actual plan de formación, e xurde como resposta á demanda actual do profesorado de FP afectado pola implantación do artigo 23 da orde do 12 de Xullo de 2011, polo que se establece a ordenación xeral da formación profesional do sistema educativo de Galicia. A actividade emprega a recente aplicación online de elaboración de programacións FP LOE , que xestiona o servizo de Ordenación e Formación Profesional.

Esta aplicación informática aínda está na fase de depuración e posta a punto, debido ao cal a actividade formativa programada para o 2º trimestre tivo que atrasarse ata o 3º trimestre. En resumo, celebrarase só a actividade do 3º trimestre xuntando as prazas das dúas edicións inicialmente programadas ata chegar ás 300.

Igual que na primeira edición, o profesorado admitido distribuirase en 12 cursos de 25 persoas xa que este é o máximo número de participantes por titor en Platega. Isto motivará que moitos dos profesores observen que muda o código do curso no que son admitidos respecto ao que se inscribiron, e que incluso poidan constar en fprofe coma admitidos e en reserva en dous cursos co título "Elaboración de programacións LOE con aplicación informática" pero distintos códigos.

O profesorado inscrito na actividade do 2º trimestre será transferido á actividade do 3º trimestre, polo cal non é necesario que se volva a inscribir.

Data de comezo: 2 de abril do 2013

Data de finalización: 23 de abril do 2013

Lugar de Celebración: Platega (actividade da modalidade a distancia)

Número de horas totais: 25 horas

Enlace a FPROFE: https://www.edu.xunta.gal/fprofe/procesaConsultaPublica.do?DIALOG-EVENT-ver=ver&cod_actividade=47443

Enlace á Aula Virtual: http://www.edu.xunta.es/platega/