Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

5º e 6º xuntos

2022-2023 APRENDEMOS A RECICLAR

Saber reciclar todos os resíduos, respectar o medio ambiente e coñecer que podemos facer para preservar a nosa natureza foi o cometido da charla que o alumnado de 3º,4º,5º e 6º tiveron esta semana no centro.

Debemos educar á seguinte xeración para que non cometa os mesmos erros e educala para construir un mundo mellor e máis sostible...

Aprender a reciclar pode resultar fácil e divertido... se o facemos como un xogo.

Debemos ensinarlles a xerar menos basura...

A separar resíduos e reutilizar...

E aínda que xa temos un composteiro no cole, construimos un, vacío eso sí...

A ver se aportando un pouquiño cada un, conseguimos que o noso planeta sexa verde de verdade!!!!!

(2022-2023) Arrancamos!

Os maiores do cole xa estamos de volta!

Pouco a pouco fomos collendo a rutina e o ritmo de traballo e podemos dicir que estamos a tope.

Este ano imos facer máis actividades por grupos, polo que comezamos facendo varios retos para aprender a traballar de forma cooperativa.

En ciencias comezamos o curso aprendendo sobre os seres vivos. O que máis nos gustou foi usar o miscroscopio e poder ver o que trouxemos. Incluso vimos un montón de protozoos en acción!

Mención especial a unhas altruístas libélulas, que despois de morrer cedéronlle o seu corpo á ciencia. En agradecemento, fixémoslle un sentido enterro.

Agora mesmo estamos inmersos en varios experimentos sobre plantas.

En lingua realizamos unha entrevista a unha ex alumna do centro: Sofía Gulias Becerra. Encantounos falar con ela, quedamos abraiados cos seus logros e afán de superación. Podedes escoitar o programa aquí.

Tamén celebramos o Samaín, e logo de decorar o colexio e a nosa aula, participamos nos obradoiros que nos organizaron os profes.

Animámosvos a ver a galería de fotos do cole, onde podedes ver moitas máis mostras do noso día a día.

Ata a próxima!

(2022-2023) OBRADOIROS PREHISTÓRICOS

Regresamos á prehistoria con Fátima, que nos trae do Parque Arqueolóxico de Campo Lameiro uns obradoiros de pintura soplada e cerámica que nos encantaron...

(2021-2022) Contacontos

Nos últimos días de colexio o alumnado de 5º e 6º puxo en práctica o aprendido no obradoiro de contacontos con Damián Alonso. Armados cos seus libros favoritos foron ao resto das aulas para compartir un momento agradable de lectura cos seus compañeiros. Fixérono xenial. Parabéns!

(2021-2022) Hai cousas de mulleres e cousas de homes?

Pensades que hai cousas de mulleres e cousas de homes?

Esta semana, nun debate sobre identidade e roles de xénero, demos con esta pregunta.

Tomando como exemplo a roupa, vemos que antigamente o pantalón se asociaba aos homes e unha muller non podía vestilo. Imaxinádesvos o escándalo que provocaron as primeiras mulleres que decidiron vestir pantalón nos anos 30?

Afortunadamente, a día de hoxe isto témolo superado. E hoxe as mulleres somos quen de vestir pantalón se nos apetece. Temos a LIBERDADE de elixir.

Pero, somos libres realmente? Somos libres de ser nós mesmos? Podemos expresarnos libremente sexamos como sexamos? E se somos diferentes? É mais difícil ser un mesmo cando es diferente ao resto?

Aproveitando que o noso proxecto este ano é "Ser diferente é un efecto secundario de ser incrible" decidimos facer un experimento sociolóxico: uns valentes nenos de 5º e 6º decidiron vir vestidos con saia ao colexio e observar as reaccións que provocaban.

Houbo reaccións positivas e negativas. E deunos pena comprobar como eran xulgados. Comprobamos que as persoas, a día de hoxe, non somos libres de expresar quen somos cando somos diferentes. E concordamos en que aínda hai moito por facer en materia de coeducación.

Pero quedamos satisfeitos de remover conciencias, xerar reflexións, e (esperamos) novas apendizaxes.

Ogallá que con xestos coma estes contribuamos a ser cada vez máis tolerantes, respectuosos, empáticos e amables coa diversidade.

Grazas Lucas Fentanes, Lucas Gómez e David Valiño pola vosa iniciativa!

(2021-2022) Carballos

Na aula dos maiores este trimestre plantamos landras. O interesante é que cada un o fixo do xeito que estimaba mellor, anotando o que facía para despois comparar resultados. Algúns saíron xa e outros aínda están en proceso.

Chegamos a varias conclusións:

  • A calidade da landra elixida é importante
  • Hai que regalo a miúdo, pero pouca cantidade
  • Botarlle abono é unha boa idea

Campo Lameiro xa conta cuns cantos carballos máis!

(2021-2022) Plantamos landras

En 5º e 6º plantamos landras, xa que sabemos o importante que son as especies autóctonas e queremos poñer o noso gran de area.

Cada un estao facendo de xeito diferente, por iso o anotamos todo, xa que logo compararemos os resultados.

Cantos novos carballos sairán desta aula?

(2021-2022) Pasapalabra

Hoxe tivo lugar a primeira edición do PASAPABRA galego. Estivo moi emocionante!

Haberá quen de vencer a David Valiño?

(2021-2022) Árbores de Campo Lameiro

Neste último mes os rapaces e rapazas de 5º e 6º estivemos aprendendo a identificar árbores a partir da observación das súas follas.

Tras moito traballo elaboramos un álbum no que recollemos follas de diferentes árbores que atopamos en Campo Lameiro.

Deixámosvos o vídeo no que vos mostramos o resultado.

Felices festas!

(2021-2022) Samaín

Este Samaín non perdemos ocasión e creamos as nosas historias terroríficas (aínda que con algunhas rimos un cacho Risa).

Aquí vai unha foto do momento lectura.

Distribuir contido

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 2 invitados conectados.