Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

quinto

(2015-2016) "El ojo de Horus"

Este misterioso e atractivo símbolo exipcio, captou o noso interese, e así, aproveitamos para facer unha pequena tarefa na área de matemáticas.

O primeiro foi investigar o significado deste máxico símbolo que o exipcios usan como amuleto protector. Collemos os nosos portátiles e repartimos o traballo. Ao tempo que investigamos, empezamos a ilustrar a imaxe.

 

Temos que ir atopando a resposta a unha serie de preguntas: 

A primeira de todas era, por suposto, descubrir o significado deste enigmático "ollo". Pero ademais...

Como eran os números exipcios...

Ou como representaban as fraccións...

Incluso se os maias coñecian as fraccións...

Puxemos moito empeño no noso traballo!!!

Foi unha tarefa realmente interesante!!!

E os traballos quedaron así de ben!!!

        

María Sabarís

(2015-2016) Elaboramos caligramas con bonitas mensaxes...

Cada un dos grupos cooperativos, elabora un caligrama  con mensaxes de paz, xustiza, amor...Facendo unha pequena parada para reflexionar neses valores que de cando en vez convén recordar...

O primeiro e pensar na nosa mensaxe e ir trazando o deseño da forma que lle queremos dar.

Trátase de pensar en dúas palabras ben bonitas e, a partir delas, facer unha mestura da que sairá un "palabro" ao que nós teremos que darlle un significado.

Isto pinta ben...

E pasámolo ainda mellor...

E quedaron así de bonitas!!

Que cheos quedamos!!!!

 

María Sabarís

(2015-2016) Retroalimentándonos na biblioteca

A retroalimentación é un proceso a través do cal o alumno comproba o aprendido, así coma o nivel no que se atopa, ao mesmo tempo que afianza os seus coñecementos.

Así pois, este proceso axuda ao alumno a reafirmar os coñecementos aprendidos ao tempo que  comprende os novos, unha vez demostrado o dominio do acadado anteriormente. Define o grao no que está, o que lle servirá de base no próximo nivel para ser utilizado como coñecemento previo.

Reforza e leva ao alumno a unha realidade na cal chega a ser consciente da súa capacidade e tamén do nivel acadado.

Co obxecto de poñer en práctica este proceso, as titoras de 3º e 5º cursos, cos nosos respectivos alumnos, preparamos un encontro na biblioteca. Ademais, os alumnos 5º viñan de ter a mesma mestra que agora teñen os de 3º, un "factor común" a ter en conta.

Deste xeito, xuntámonos nun acolledor recuncho e comezamos a nosa experiencia.

Preparámonos para ler:

Trátase de que os alumnos vaian lendo alternativamente, 5º e 3º cursos, un fragmento dun texto que eles mesmos escolleron entre os seus libros favoritos.

Empezamos por un dos maiores:

Agora tócalle a un dos pequenos:

E así sucesivamente...

   

 

 

Todos escoitamos con atención...

Os alumnos recoñecen e explican os déficits en lectura que recoñecen nos máis pequenos (fluidez, entonación, vocalización, comprensión...). Eles mesmos pasaron por esa etapa de dificultades, polo tanto son conscientes de todo o proceso que os levou ao nivel actual. Síntense satisfeitos e orgullosos de si mesmos... e... queren opinar!!!

A profe tamén lles fai preguntas!

Agora son capaces de recoñecer as distintas dificultades que se dan na lectura dos alumnos de menor nivel, facendo unha comparativa entre a calidade lectora destes pequenos e a que eles, ou algún dos seus compañeiros, presentaban, pois é unha fase pola que eles mesmos xa pasaron.

Foi unha dinámica moi enriquecedora para ambos grupos, os de terceiro comprendendo, co modelo lector dos maiores, que tamén eles con esforzo chegarían a ler así de ben e, os de quinto, sentíndose orgullosos dos seus progresos ao tempo que gozaron dun intre no que actuaron como "mestres lectores" dos máis pequenos, dándolles consellos para atallar as dificultades que tiña cada quen, baseándose na súa experiencia previa.

María Sabarís / Susana Batallán

(2014-2015) Pintamos o salón de usos múltiples

Unha vez rematada a nosa tarefa relacionada coa  arte abstracta contemporánea, centrámonos no proxecto común de centro, no que cada curso se dedica a un artista diferente e, cuxo produto social relevante será o pintado do salón de usos múltiples, alí,  cada curso plasmará unha obra do artista traballado.

Nós, xunto co alumnado de 6º curso, pintaremos "O cabalo" de Granell.

Comezamos por preparar a pintura...

E mentres uns van mesturando pinturas, outros van xa pintando...

A cousa "pinta" ben....

E por fin, o resultado non está nada mal!!!

O traballo mereceu a pena!!!! 

  María Sabarís

(2014-2015) Unha achega á pintura galega

De cara a desenvolver o proxecto de arte que se está a levar a cabo no centro, en 5º curso, comezamos cunha tarefa que nos abrirá camiño para poñer en marcha o noso proxecto: coñeceremos aos artistas máis relevantes da arte abstracta e surrealista de Galicia, así como a súa obra.

Comezamos por investigar que son a arte abstracta  e a arte surrealista.

Unha vez consultado, tratamos de explicar cales son as principais diferenzas entre ambas.

Árdua tarefa!!

Explícoo unha vez. A ver se con exemplos ilustrativos me entenden...

 

Pois parece que non lles quedou moi claro...  Intentareino outra vez!

Nada!, Non hai maneira!, Pero se está clarísimo!

Agora toca investigar sobre os propios pintores galegos, os máis representativos destas dúas correntes. Descubrimos a Maruja Mallo, a Laxeiro, a Lugrís... e sobre todo, a Eugenio Granell. Granell gustounos moito, unha vez rematada esta tarefa,dedicaremos o noso proxecto a el!

Agora, cada un de nós, escolle unha pintura que lle guste para recreala.

Imos aló! Comezamos a pintar!

  

  

As pinturas levaron o seu traballo, pero estamos moi satisfeitos co resultado.

Temos algún Laxeiro... Moi logrado, por certo!

 

Tamén temos a Urbano Lugrís...

Fantástico!

E, como non, a Eugenio Granell...

Que bonitos!

Non podía faltar o "bestiario de Granell", cos seus dinosaurios!!

Moi bo traballo chicos!

E foron saíndo cousiñas realmente interesantes...

E outras moi bonitas...

E seguimos pintando....

Unha vez rematadas, as nosas obras quedan expostas nunha galería de arte abstracta contemporánea:

María Sabarís

(2014-2015) PROXECTOS CIENCIAS 5º CURSO

PROXECTOS DE 5º CURSO

Durante as vacacións de nadal, os de 5º tivemos que elaborar uns proxectos para a clase de ciencias.

Aquí están os traballos. 

Ainhoa  tróuxonos UN ECOSISTEMA ACUÁTICO.

Consistía nun regato con tritóns.Pero houbo un problema; os tritóns escapáronselle e apareceron crías de tritón que as chinches acuáticas se comeron.

Aquí temos a Ainhoa dándonos a súa explicación.

Iago fixo o seu traballo sobre OS FUNGOS.

Contounos:

-tipos de fungos

-enfermidades comúns dos fungos

-cómo combatir os fungos

Carla, Silvia e Raúl Lesta fixeron a maqueta dun volcán.

Fixeron un power point e nel explicáronnos cómo decidiron o  tema e cómo o levaron a cabo.

Antes de mostrarnos a erupción do seu volcán,ensináronnos :  cómo é un volcán , cáles son as súas partes, os riscos dos volcáns, erupción do Vesubio(Italia) , previsións das erupcións, que é un sismógrafo.

Logo explicáronnos cómo elaboraron a maqueta e as cantidades que botaron e porqué botaron esas cantidades en concreto.

Para demostrarnos o que nos contaron saímos ó patio e alí vimos a erupción.

Saímos e mans á obra.

Raúl Mirás e Hugo fixeron unha maqueta da célula animal e da célula vexetal.Explicáronnos cómo fixeron as maquetas e tamén aprendemos partes novas das células que non sabiamos.

Víctor tróuxonos os resultados dun experimento que fixo na súa casa.

Reproduceu cómo os mofos medran nos alimentos e cómo evitalo.

Botou lentellas en dúas botellas de plástico iguais e unha delas estivo exposta á luz e a outra estivo na escuridade.

Mostrounos qué pasou nos dous casos.Aquí tendes o resultado.

Aquí está a botella que estivo na escuridade.

Aquí está a botella que estivo exposta á luz.

Logo trouxo dous botes de espárragos.

Un estaba sen caducar envasado ó valeiro en perfecto estado.

e o outro estaba caducado.

Lya fixo un traballo sobre a célula. Consisteu en explicar mediante un esquema  as partes da célula en xeral, e as partes da célula animal e vexetal.

Javier Remiseiro e Antón explicáronnos o proceso da fotoséntese mediante un esquema.

Foi un traballo realista e ben explicado.

Ana e Sara fixeron unha maqueta do aparato respiratorio que logo fixemos todos e todas na clase.

 

Javier Riopa e Inés mostráronnos a erupción dun volcán.

 

Así pasamos as nosas vacacións.

FIN

Aceno

 

 

(2014-2015) ciencias da natureza e ciencias sociais

 

No primeiro trimestre comezamos traballando cos seres vivos.

A mestra de coñecemento do medio de 6º e máis a mestra de ciencias da natureza e ciencias sociais de 5º comezamos plantexándolles aos nenos e nenas unha pregunta:

Que pensades que hai dentro deste bote???

As respostas foron do máis variado: millo, comida para paxaros, sementes, etc.

Logo propuxémoslles velo máis de cerca; cun microscopio e a cousa cambiou un pouco, parecía que xa non había tantas dúbidas.

Decidimos plantalo e agardamos para ver se o que estabamos a mirar era unha semente, comida para paxaros ou ningunha das opcións que se expuxeran.

Finalmente reultou ser "mijo".

Durante este tempo puxemos un pequeno invernadoiro que nos trouxo Víctor. Os nenos e nenas trouxeron sementes e mans á obra.

 

Primeiro houbo que acondicionar, logo colocar a terra, poñer as sementes, poñer os carteis, bueno que aquí traballaron todas e todos moito.Xa vedes que a técnica é fundamental.Aceno

Quedounos moi chulo.Houbo que coidalo tódolos días.Ó final houbo algúns brotes que os pasamos os pasamos a uns botes para que seguiran medrando pois no miniinvernadoiro non tiñan sitio.

Un día Víctor chegou á clase cun  "paquete"

púxoo enriba da mesa e plantexounos unha pregunta:

Sabedes que pode saír desta caixa????

Si, dentro da bolsa había unha caixa. Díxenlles que cada un e cada unha escribira na súa libreta qué pensaba que sairía dalí.

Houbo respostas para tódolos gustos, a verdade é que era un pouco difícil acertar pero é que non atinou ningún.

Houbo que agardar moitos días pois dalí non saía nada....hasta que un día...

 

Pois si, eran setas que por certo, estaban moi ricas.

Houbo días nos que os nenos e nenas de sexto nos convidaron á súa aula pois déronnos unha charla sobre os temas que estiveran traballando na aula de coñecemento.

e nós convidámolos a vir a aula de 5º para amosarlles o que nós traballamos na asignatura.

A verdade é que todos e todas traballamos moito e ademais de poñernos nerviosos tamén nos puxemos guapos e guapas; mirade.

Houbo animais en directo.Aquí Yago foi o qeu nos explicou a todos e todas as características dos animais vertebrados.

Hai máis fotos na galería fotográfica no recanto de quinto.

 

Durante o curso visionamos vídeos en you  tube os cales nos axudaron a entender un pouquiño  máis os temas que traballamos. Un dos que máis nos gustou foi este.

O mundo de Beakman. Ademais de pasalo ben, aprendes.

No recanto de recursos educativos hai algún dos seus documentais.

Traballamos cos ultraportátiles, na biblioteca do centro para buscar información, con libros que traemos da casa e hasta con xogos que nos trae a profe e que son un pouco difíciles.Aínda nos queda darlle a segunda volta pois a primeira foi moi complicada.

Todos arredor e a verdade é que resulroumoi complicado.

No recanto de recursos educativos e ligazóns tendes xogos para que repasedes e veremos se lle ganades á máquina.

 

 

 

(2014-15) Creamos un conto terrorífico: " O gran medo de Sticky"

Alá polo Samaín, recibimos esta  proposta dende a biblioteca: participar no "certame de contos terroríficos" que tería lugar neste recuncho lector. Tratábase de que cada clase elaborase o seu conto de terror para, posteriormente, e xa todos xuntos,  expoñer os contos creados.

Así pois, poñémonos mans á obra!

Comezamos cunha choiva de ideas para decidir cal pode ser a trama do noso conto, qué personaxes van aparecer, cómo se van chamar... e moitos outros detalles.

Cando xa temos a nosa historia definida, procedemos a redactala, así que, todos a escribir!

Unha vez finalizado, entre todos corriximos os erros que van aparecendo (ortografía, sintase...) E non podemos esquecer o título, así que, propoñemos varios títulos para finalmente escoller o que máis nos gusta... Tííííííítulo gañadoooooooooooor: "O GRAN MEDO DE STICKY.

E así queda o noso conto:

Agora tócanos ensaiar un pouquiño, temos que demostrarlle á profe que imos facelo ben. Como non! NÓS PODEMOS!!! ChuloBico

E por fin chegou o día!

A BIBLIOTECA ESTABA DE MEDO!!!

Aí vamos!

Sssssshhhhhhhh!!! Os nenos escoitan con atención!

Agora veñen a votacións, que neeeeerviooos!

Saímos exitosos! Parece que gustou!

Compartimos premio cos de sexto, duros rivais!!!

María Sabarís

Comunicado de quinto

Ola a todos/as!!!!!!

Informámosvos que xa temos un blog na páxina web do cole, no que vos iremos contando e ensinando as cousiñas que facemos na aula...

Tamén queremos facervos chegar a nosa conta de correo, aproveitando que estamos inmersos nun proxecto prehistórico, e que , a aula de quinto está a traballar os utensilios e ferramentas que utilizaban para a realización das súas tarefas cotiás. Deste xeito, si tendes algunha información que nos queirades facer chegar, podedes remitila á seguinte dirección :

 

quintoaventurate@gmail.com

Moitas grazas!!!!!!!

 

 

 

 

Distribuir contido

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 2 invitados conectados.