Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

infantil, infantil 1, infantil 2 , Infantil xuntos

(2021-2022) E así é como rematamos o curso, estas son as nosas actividades de xuño!

Ola a todos e todas! Vamos coa última entrada de este curso, na que faremos un breve resumo de todo o que sucedeu ao longo deste mes de xuño. Algunhas das actividades, como o experimento, xa as teredes visto compartida no apartado de educación infantil; e outras aínda non. De todolos xeitos, recordarvos que para ver todas as fotos relacionadas con estas actividades podedes visitar a galería fotográfica, onde hai fotos de absolutamente todos os nenos e nenas traballando e xogando na aula. E agora si que si, comezamos!

O experimento ao que nos dedicamos este mes, foi o dos osiños mutantes. Para facelo utilizamos osiños de gominola, zume de limón, bicarbonato, auga e xabón. Primeiro plantexamos as hipóteses do que sucedería con cada osiño ao introducilo nun líquido; e a continuación pasamos a acción. Así, tras unha espera de dous días, comprobamos os resultados e reflexionamos acerca de porque pasou o que pasou con cada un de eles. Se vos tamén queredes saber máis acerca deste experimento, recordade que podedes consultar o video no apartado CervoTV.

Outra das actividades que máis nos gustou este trimestre, foi o contacontos que organizaron os alumnos e alumnas de 5º e 6º. Despois de aprender as técnicas para narrar ben unha historia durante as Lecturas na Carballeira, os nenos e nenas maiores animáronse a vir a nosa clase a lernos uns contos super chulos. Como podedes ver, os peques estaban encantados!

Pero un dos días más divertidos sen dúbida, foi o día que pintamos con chocolate. Cun folio e un pouco de chocolate a taza, nos enchemos ata arriba deste delicioso postre para crear as nosas propias obras de arte. Aínda que algúns despistaronse un pouco, e en lugar de levar o chocolate as mans, o levaron a boca!

Entre tanta festa tampouco olvidamos as rutinas. Este mes terminamos de completar os nosos diccionarios, os nosos rexistros de experimento e contos... e ademais, como non todo vai a ser encher a tripa de chocolate, tamén fomos ao noso invernadoiro a recoller as leitugas que estivemos coidando estes últimos meses. Cada un dos nenos e nenas puideron levar unha a súa casa, para disfrutala coas suas familias.

Entre as nosas creacións deste trimestre, tamén recordaredes que fixemos o noso propio programa de radio contando o conto de "A mosca chosca". Pois ben, este conto foi o resultado da grabación que levamos a cabo na nosa aula da radio, onde organizamos turnos e repartimos dialogos para crear ese programa que agardamos que vos gustase tanto oilo como a nos facelo.

Se pensades que tiñamos suficiente coa radio, o video do experimento, as leitugas... Estades equivocados! Tamén fixemos bolsas como parte das actividades creativas organizadas pola nosa biblioteca escolar. Como pintar en tela e un pouco complicado, nos o fixemos usando plantillas, e con axuda de elas tivemos como resultado unhas bolsas de tela super orixinais e creadas polos propios nenos e nenas.

Tamén nos faltaba celebrar algúns cumples, bueno... algúns non... case a metade! Así que fixemos un super taller para pintar as camisetas de regalo e facer as coroas de Julia, Manuel, Dani e Matías; que como están de cumple en verán, teñen que celebralo por adiantado como os demais compañeiros e compañeiras!

Así chegamos ao último día de clase, no que xa sabedes que tivemos unha super merenda para celebrar os cumples do verán e tamén o fin das clases. Despois, celebramos o acto de graduación dos compañeiros e compañeiras de 6º de primaria e infantil, no que nos despedimos de Carlota, Dani, Nerea, Elsa, Claudia, Enzo e Brais;que o curso que ven xa están en primeiro de primaria.

E con isto, despedimonos ata o curso que ven. Agora toca recargar as pilas durante as vacacións de verán para en setembro volver con moita enerxía e gañas de seguir aprendendo e pasándoo ben! Grazas a todos e todas, e que teñades unhas felices vacacións de verán!

(2021-2022) Presentamos o noso proxecto de investigación deste curso: as focas.

Como xa sabedes ben os pais e nais de EI1, o noso proxecto deste curso centrouse nas focas. Despois de propor temas tan variados como os patinetes, os tucáns e a lúa; a través dunha votación decidimos que o tema a investigar serían as focas. Así que antes de empezar, fixemos unha búsqueda de imaxes para escoller cal é o noso tipo de foca favorita.

Unha vez plantexadas as preguntas, o que xa sabíamos e as fontes de información que utilizar; foi momento de comezar coa investigación como tal. Coa colaboración de pais, a información atopada en libros e os datos que aprendemos a través de videos e fontes documentais online, completamos un gran mural onde resumimos todo o aprendido sobre o tema. As preguntas foron as seguintes:

  1. Como durmen?
  2. Como nadan?
  3. Como comen?
  4. Como crían?
  5. As focas gruñen?
  6. Como se moven en terra?
  7. Que peixes lles gustan?
  8. Teñen depredadores?
  9. Onde levan os bebés?
  10. Respiran baixo a auga?
  11. De que cor son?
  12. Onde viven?

Por outra banda, tamén estivemos rexistrando todo o aprendido nun dossier individual que cada un foi completando con toda a información recollida para responder cada pregunta.

Pero non todo foi traballar sentados. Tamén aprendimos como nadan e como se moven as focas usando o noso propio corpo, fixemos a lista da compra dunha foca recollendo as suas comidas favoritas, imprimimos as nosas fotos favoritas para incluilas no noso traballo...

E así, tras meses e meses de traballo, comezamos a elaborar unha maqueta que ía supoñer o fin da nosa investigación. O noso plan foi recrear o habitat das focas, para o cal utilizamos miniaturas de focas impresas en 3D (grazas unha vez máis a colaboración das familias), area, pedras, champú, bicarbonato e moita pintura!

E así, tras moitos meses de traballo e moitas máis actividades (das cales podedes ver máis fotos visitando a galería fotográfica do cole), rematamos a nosa investigación cos seguintes resultados:

(2021-2022) Aquí está todo o que fixemos en maio!

Continuando coas novas que compartimos dende o colexio, nesta ocasión vamos a compartir unha pequena recopilación de algunhas das actividades que fixemos na aula de EI1. Ainda que xa sabedes que isto non é todo, xa que outras actividades como o noso proxecto e as actividades complementarias poden consultarse en outras entradas. Comezamos!

Continuamos coa nosa rutina de xogos de lóxica-matemática coa nosa especialista de PT, estrenando algúns como o xogo das formas para crear distintas figuras como o gusano tan chulo que vedes nas fotos; e repetindo outros que nos gustaron moito como o da serpe de cores. Non por nada aos nenos e nenas se lle pon un sorriso na cara cando ven chegar a profe Zaira!

E como non, tamén houbo algúns días nos que chegamos a casa cheos de pintura ata o pescozo. Entra algunhas das actividades de expresión artística que fixemos, pintamos con figuras xeométricas e tamén usando os dedos, cada un dunha cor, para traballar a motricidade fina.

Aproveitando o bo tempo que fixo, tamén fixemos algunha que outra actividade fora da aula. Unha de elas foi o deseño do cartel de "Lecturas na Carballeira", no que todos e todas participamos facendo un pequeño debuxo. Unha vez tivemos todos, os xuntamos para facer un gran cartel colectivo sobre o que pegamos as letras co nome do evento.

Por suposto, tamén estivemos traballando o noso proxecto sobre as focas. Pronto teremos unha entrada explicando o proceso, pero mentres tanto aquí deixamos algunhas fotos de actividades que levamos a cabo para aprender cousas como se podemos facer ruido debaixo da auga ao chocar as mans, videos de como se comportan as focas, onde viven...

Deseñamos tamén unha árbore moi chula, con material reciclado, para conmemorar o Día das Letras Galegas, adicado este ano a Florencio Delgado. No seu interior, escribimos un dos seus poemas que logo recitamos para todas as familias e o colexio.

Moito tempo tamén o ocupamos coas distintas rutinas de aula que xa coñecemos ben, dende o diccionario xigante ao rexistro de experimentos, traballamos con constancia ata completalos, de xeito que tivesemos xuño libre para todas as actividades que planeamos. Queredes saber máis? Pois atentos e atentas a seguinte publicación!

(2021-2022) Ata setembro e bo verán para todos e todas!

Aquí rematan as entradas neste blog por este curso, vémonos en setembro con forzas renovadas e algúns novos compañeiros e compañeiras, cos que viviremos máis aventuras.

   

Xa non estarán connosco os máis maiores, que marchan cara primeiro, ós que queremos darlle unha gran aperta e desexarlles moita sorte. Non esquezades voltar de visita de cando en vez.

   

Unha aperta moi grande para todos e todas, e grazas a vos, as súas familias, pola colaboración que tivéstedes ó longo de todo o curso.

Vémonos en setembro.

Bo verán!!!

(2021-2022) E ademais en xuño, antes de rematar o curso, sucedeu todo isto en Infantil 2

No mes de xuño, antes de rematar o curso, na nosa aula sucedeu todo isto, que xa vos comentamos en entradas anteriores:

23/06/22: [Infantil xuntos] (2021-2022) Despedimos aos compañeros e compañeiras que marchan para primaria cun vídeo. Queres velo? 
23/06/22: [Infantil xuntos] (2021-2022) Celebramos os aniversarios do verán... por adiantado. 
20/06/22: (2021-2022) Rematamos o noso dossier da investigación sobre os "cans salchicha". Quieres ver como nos quedou? 
17/06/22: [Infantil xuntos] (2021-2022) Atopamos un tesouro escondido, seguindo as pistas dun mapa 
17/06/22: [Infantil xuntos] (2021-2022) Así celebramos o aniversario do mes de xuño 
17/06/22: [Infantil xuntos] (2021-2022) As familias de Infantil crean... álbumes de fotos 
07/06/22: [Infantil xuntos] (2021-2022) Viaxamos a Santiago de Compostela, para coñecer a catedral, e pasalo de medo en Diviert-Park

      

Pero ademais tamén tivo lugar todo isto, que vos contamos de seguido:

Elaboramos o noso boletín de autovaliación, para levar para casa.

 

        

Creamos o noso programa de radio, que emitimos en "Radio Cervo", a radio escolar do colexio.

Podes escoitar aquí "A nosa versión da Mosca chosca".

     

Rematamos o noso diccionario xigante, e o dicionario individual, coas nosas palabras favoritas. Xa o podíamos levar para casa e ensinarllo ás nosas familias.

   

Levamos a cabo o último experimiento do curso "Os osiños de gominola mutantes

   

Anotando as nosas observacións no caderno de campo, que tamén levamos para casa. 

  

Lembra que podes ver ós vídeos de tódolos experimentos que creamos, dos que facemos na aula desde aquí.

      

Asistimos a unha actuación da banda de música de Campo Lameiro.

      

Preparamos a sesión de cine que tería lugar no colexio, preparando as bolsas de gusanitos para todo mundo.

          

Puidemos degustalas durante a proxección da película:

    

Algúns compañeiros de 5º e 6º viñeron a lernos unha chea de contos.

       

Ultimos momentos para o encargado no calendario online, rematamos de tachar tódolos días do curso.

     

Participamos nun obradoiro de decoración de bolsas, organizado pola Biblioteca do colexio.

    

Usámolas para levar para casa todos os traballos feitos ó longo do curso.


(2021-2022) Despedimos aos compañeros e compañeiras que marchan para primaria cun vídeo. Queres velo?

Cando chegou o último día de curso, os profes PABLO e ÓSCAR tiñannos preparada unha ... festa sorpresa.

Sería o preludio de todo que ía suceder nesta última xornada no colexio, antes das vacacións de verán.

           

Entregámoslle aos compañeiros e compañeiras que marchan para primeiro, e que non estarán connosco o vindeiro curso, unha foto de recordo como agasallo.

   

Rematada a festa chegou o momento da despedida "formal" na nosa "graduación", á que puideron asistir as nosas familias.

           

Pero nós tamén tiñamos preparada unha sorpresa para eles, un vídeo de despedida contando todo o que fixemos ó longo destes cursos en Educación Infantil.

     

Velaquí o vídeo de que proxectamos creado polos nenos e nenas de 6º de Infantil para despedirnos. A ver que che parece:

             

Despois da nosa despedida, chegou o momento dos compañeiros e compañeiras de 6º de primaria, que o vindeiro curso estarán no instituto.

               

E como remate, o profe Paulo entregounos os premios a aqueles que tivemos as "merendas máis saudables, ó longo do curso" en cada aula. Velaquí os afortunados de Educación Infantil.

    

Foi unha xornada moi divertida e emotiva para todos e todas.

   

   

(2021-2022) Celebramos os aniversarios do verán... por adiantado.

No mes de xuño, antes de rematar o curso, celebramos os aniversarios dos compañeiros e compañeiras que cumplían anos nos meses de verán, cando non hai colexio. 

Novamente, por mor da COVID-19 non podemos celebralo como nos gustaría (e como facíamos en cursos anteriores), pero aínda así a homenaxeada tivo o seu momento especial.

Preparamos as súas camisetas de agasallo e as coroas de aniversario:

  

Cando chegou o día sinalado, no noso calendario online, sopraron as candeas co número de anos que cumprían anos MANUEL JULIA, DANIEL e GERMÁN.

 

MATÍAS, outro dos homenaxeados "do verán", non puido vir ese día ó colexio, así que lle envíamos unha felicitación no vídeo que veredes de seguido.

 

  

Podes ver como sopraron as candeas nos seguintes vídeos:

 

   

Ó final deste vídeo podes atopar a felicitación para MATÍAS.

(2021-2022) Rematamos o noso dossier da investigación sobre os "cans salchicha". Quieres ver como nos quedou?

Podes ver os pasos previos desta investigación nas seguintes entradas publicadas neste mesmo blog:

05/11/21: (2021-2022) Comezamos a noso primeiro proxecto de traballo do curso. Imos investigar sobre os “cans salchicha"

08/12/21: (2021-2022) Recibimos información e atopamos a primeira resposta na nosa investigación sobre os cans salchicha

14/03/22: (2021-2022) Continuamos a atopar respostas na nosa investigación sobre os "cans salchicha"

06/05/22: (2021-2022) Xa temos tódalas respostas na nosa investigación sobre os “Cans Salchicha”. Chegamos á metade do camiño

03/06/22: (2021-2022) Rematada a investigación... xa podes ver o noso documental sobre os cans salchicha

Rematada a investigación sobre os "Cans Salchicha" e coa película-documental xa creada, tal como comentamos nas entradas antes publicadas, chegou o momento de completar o noso dossier invidual.

    

Nel contamos, co paso dos días, todo o que descubrimos ó longo da investigación, e que tiñamos plasmado no mural do proxecto.

Se queres ver como quedou un dossier rematado, como o que cada un levou para casa, podes facelo de seguido.

  

  

   

(2021-2022) Atopamos un tesouro escondido, seguindo as pistas dun mapa

Nun dos últimos días do curso, nas aulas de infantil, buscamos un tesouro agochado nalgún lugar do colexio, seguindo as instrucións que aparecían no "mapa do tesouro".

Antes de comezar, o día que tiñamos anotado no noso calendario online, descubrimos cales eran as normas do xogo.

Cada un dos dous equipos (infantil 1 e infantil 2) tería o seu propio mapa, diferente un do outro, con candanseu tesouro escondido (que contiñan o mesmo no seu interior).    

O equipo "can salchicha azul" xa estaba preparado para comezar, co seu mapa listo. Terían que comezar polo número 1 que alí aparecía.

 

   

Pola súa banda... o equipo "focas vermellas" tamén o tiña todo listo para comezar a busca do tesouro, tamén polo número 1 do seu mapa.

      

Cada equipo tiña que seguir as pistas dun mapa, para ir pasando por diferentes lugares, sinalados con números. En cada un deles había unha pegatina escondida, que tiñan que atopar, e pegar no mapa. Cando chegasen ó ultimo número atoparían o tesouro.

O mapa levou ós dous equipos por diferentes dependencias do colexio, buscando as pegatinas agochadas.

        

En outros momentos, o mapa enviounos a buscar as pistas por diferentes lugares do patio.

  

        

Ambos equipos deron atopado o tesouro... tan só había que voltar á aula e agardar a que chegase o outro equipo, para poder abrir ambos tesouros á vez.

         

Que habería dentro... algún ata pensou que tería unha empanada para compartir ;)

      

Unha vez abertos os tesouros, atopamos dentro uns fantásticos libros para colorear, e con pegatinas, xunto cun bote de pinturas para cada un de nós... eran chulisimos.

Non puidemos agardar para estrenalos.

     

Podes ver tódalas fotografías deste "xogo de pistas", no seguinte álbum da galería fotográfica:

(2021-2022) ÁLBUM NA GALERÍA FOTOGRÁFICA - Atopamos un tesouro seguindo as pistas dun mapa.

    

   

 

(2021-2022) Así celebramos o aniversario do mes de xuño

No mes de xuño, BREIXO cumpliu 4 anos, así que ó final do mes celebramos o seu aniversario, como fixeramos ó longo do curso.

Novamente, por mor da COVID-19 non puidemos celebralo como nos gustaría (e como facíamos en cursos anteriores aínda que o retomaremos no vindeiro curso), pero aínda así o homenaxeado tivo o seu momento especial.

Preparamos a súa camiseta de agasallo e a coroa das homenaxeado:

    

Cando chegou o día sinalado, no noso calendario online, soprou as candeas co número de anos que cumpría.

     

Podes velo de seguido:

    

Distribuir contido

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 0 invitados conectados.